top of page

Salvemos o que é noso!!

Para a primeira práctica fixen unha infografía sobre o vertido de plásticos nos océanos. Este tema é algo moi perxudicial e se non o paramos a tempo podería ter consecuencias moi graves para todos. Non só afecta as costas, se non que tamén afecta á fauna marina, flora e seres humanos. Con esta infografía intento reinvindicar a necesidade de parar de verter plásticos nos mares xa que se segue esta tendencia, en 2050, habería máis plásticos que peces no mar


1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Oct 27, 2021

Ben a nivel da idea da estrutura, pero faltounos afinar un chisco máis na propia presentación dos elementos. A idea de compoñer estas infografías a través de bloques é axeitada. Estes poden ir definidos por imaxes de fondo ou por cores. Ti optas polas dúas vías (o cal pode ser acertad), mais a elección de cores é un chisco aleatoria e en conxunto hai partes nas que falla. Por exemplo sería difícil asociar esa cor verde á contaminación ou aos océanos, temáticas nas que encadramos o teu traballo. Buscar asociación entre as cores empregadas e o tema que estamos a abordar é tamén un recurso de utilidade. Así pois, como ferramenta para axudarche a xestionar a cor lembra que temos…


Like
bottom of page