top of page

Salarios baixos e prezos altos: as dificultades de acceso á vivenda

Actualizado: 23 ene 2022


- Os españois gastan de media o 33% do seu salario en facer fronte ao alugueiro

- En España apenas existen alquileres sociais ou subvencionados polo Estado


Foto: El Periódico


Acceder a unha vivenda é cada vez máis complicado. En España, ano tras ano, milleiros de persoas vénse abocadas a un alugueiro ante a imposibilidade de obter unha vivenda en propiedade. Durante o boom inmobiliario, antes da crise económica do ano 2008, os préstamos ao 100% para adquirir unha vivenda estaban á orde do día. Tras o estalido da burbulla, as entidades bancarias pecharon as billas do financiamento. Dende aquel momento, que non dispón de aforros propios ten practicamente vetado o acceso a un domicilio en propiedade.


A pandemia do coronavirus e a consecuente recesión na economía minguaron a capacidade de inversión de boa parte da cidadanía, que se viu obrigada a aprazar os seus plans de compra. Pola súa banda, as entidades financeiras centráronse en perfís concretos funcionarios, empregados indefinidos de empresas non afectadas pola crise, etc.) á hora de conceder hipotecas. Estes factores impactaron no número de hipotecas asinadas que rexistraron no último ano que sufrui unha caída do 7,6%, segundo os datos proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).


Entre 2014 e 2018, o mercado do alugueiro en España experimentou unha suba dos prezos moi significativa, chegando a máximos históricos en cidades como Barcelona, Madrid, San Sebastián ou Palma de Mallorca. Aínda que dende 2018, os incrementos comezaron a mostrar síntomas de esgotamento con subas moito máis suaves, os prezos seguen sen axustarse aos salarios medios.


O 40%, case sempre por enriba do 30% e moi rara vez por debaixo do 20%. Estas son as cifras que podemos escoitar relativas a canto porcentaxe do salario se utiliza en España para facer fronte ao alugueiro. Segundo o último estudo de La vivienda en Alquiler de Comisiones Obreras, tres millóns de inquilinos, que supoñen aproximadamente o 41% dedican máis do 30% dos seus ingresos ao alugueiro. De estes fogares que están por encima do 30%, dous de cada tres está en risco de pobreza e exclusión social.



Precisamente, limitar os prezos dos alugueiros é unha proposta que leva un tempo sobre a mesa do Goberno, concretamente, dous anos. Con toda probabilidade, de se concretar, sexa nos vindeiros meses nunha futura Lei de Vivenda, como prometeuse o Executivo con Unidas Podemos.



Un problema social cronificado na xente nova


Neste contexto, os mozos continúan a ser o elo máis débil da cadea inmobiliaria. Estes están a asistir, en primeira persoa, á súa expulsión do mercado tanto da vivenda en alugueiro como en propiedade. España conta cunha das taxa de paro xuvenil – menores de 25 – máis elevada de Europa (30,6% o pasado mes de setembro), o que se traduce con case medio millón de desempregados. Ademais, os seus salarios e os postos de traballo aos que acceden son precarios, inestables e temporais. Todo isto, unidos aos prezos do mercado inmobiliario, complican os seus plan de emancipación.


Os datos falan por si sos. Os datos falan por si sos. O caso da xente nova e a porcentaxe do seu salario na vivenda está recollido polo Consejo de la Juventud de España que calcula que no segundo trimestre de 2020, facer fronte a un alugueiro, equivalería o case o 93% do salario neto dunha persoa nova. A porcentaxe de xente nova que pode acceder a un alugueiro ou a mercar unha casa en propiedade está por debaixo do 40%. De media unha persoa menor de 35 anos, debería aforrar de media 9 anos do seu salario íntegro para poder acceder a unha hipoteca, cifra que aumenta ata os 14 anos en cidades como Madrid.







Unha comparativa coa situación en Europa


Por outra banda, a Oficina Europea de Estadística (Eurostat) tamén recolle datos relativos ao costa da vivenda nos diferentes países europeos. A última estatísticas dispoñible reflexa que, en 2019 o 11,8% dos cidadáns da Unión Europea destinaban máis do 40% do seu soldo á pagar a súa vivenda. Un feito que, ao igual que en España, é máis frecuente en cidades que en zonas rurais.


Outra das medidas que propostas para citada Lei de Vivenda foi a de reservar un 30% dos novos inmobles construídos para a vivenda protexida. Actualmente en España apenas un 3% dos alugueiros son subvencionados. Así o recolle a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos que proporciona datos de diferentes países para observar a proporción dos fogares segundo o tipo de propiedade. Dela extraese que os países europeos con maior dispoñibilidade de fogares en alugueiro subvencionado son Finlandia (17%), Irlanda (16%) e Francia (15,8%).





Que o mercado da vivenda atópase nunha situación grave en España parece estar xa fóra de discusión. España sitúase á cabeza dos países da Unión Europea onde os inquilinos deben facer un maior esforzo para poder pagar a súa vivenda. A dificultade de acceso a financiación, a falta de aforros, o aumento dos prezos e o estancamento dos salarios provocaron que a vivenda o acceso á vivenda sexa complicado. O desenvolvemento da Lei de Vivenda marcará o futuro do mercado do alugueiro en España en 2022, pero aínda está por ver que a norma saia adiante despois da súa travesía polo Congreso e o Senado.



Follas de cálculo cos datos e fontes, en orde de aparición no traballo:

- Para a peza 1





- Para a peza 2





- Para a peza 3


1 comentario


angelvizoso
angelvizoso
27 ene 2022

A construción do relato é moi boa, xa que todas as partes suman á hora de transmitir a información. Ademais, o fío creado é moi áxil e imos aprendendo algo novo en cada sección. Iso si, moi importante revisar algunha que outra palabra que se nos infiltrou dende o español ou algún xénero como o de "porcentaxe" (f). Non son cousas catastróficas, pero si que son aspectos nos que temos que fixarnos para deixar os nosos produtos ao 100%.


No terreo dos gráficos, optas por unha liña cromática que conservas en todo o proxecto e que serve para outorgarlle unidade a tres materiais que chegan dende tres aplicacións diferentes. O mapa está perfecto, moi ben traballado no terreo dos datos…


Me gusta
bottom of page