top of page

Radiografía do uso do galego e do castelán en Galicia

A tabóa que empreguei é a seguinte, sacada do IGE. Trátase dunha táboa que fala do emprego do galego e do castelán en cada área de Galicia, dividindo en dúas columnas os lugares onde ten máis presencia o castelán e os lugares onde a ten o galego.


Para realizar o exercicio modifiquei a táboa da seguinte maneira, quedándome unicamente cos datos do ano 2018 e limpiando todo o sobrante (os números ao lado dos sitios, por exemplo).


O maior problema que atopei á hora de realizar este exercicio foi precisamente a división por áreas da táboa (en vez de por comarcas ou municipios), uníndose ao feito de que o único mapa presente na base de datos en Datawrapper sobre Galicia era dos municipios. Por iso, para poder facer o mapa tiven que buscar a clasificación das áreas do INE (que comarcas inclúe cada unha das áreas que eles consideraron), e logo buscar todos os municipios de cada comarca poñéndolles un a un os datos correspondentes, o cal me levou bastante máis tempo do que esperaba. Ademais, para o mapa só empreguei os datos das persoas que empregan habitualmente o galego.







1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 28, 2021

Pois hai pouquiño que dicir porque está ben resolto no tratamento dos datos e tamén á hora de outorgarlle unidade á presentación. Animaríate a revisar tan só un elemento tanto na táboa coma no gráfico. Posto que combinas a presentación de totais para as provincias e para Galicia coas diferentes áreas, habería que buscar elementos de diferenciación dese tipo de datos. Na táboa é máis sinxelo, xa que se poden modificar as filas de xeito individual e no gráfico poderíase facer seguramente a partires da cor, logrando así unha distinción que nos axude a comprender mellor os datos en cada zona. Polo demais, todo en orde. Ben traballado con Datawrapper.

Like
bottom of page