top of page

Radiografía do cine de orixe europeo

Para esta práctica quixen facer unhas visualizacións dos datos que se publican anualmente sobre as cinematografías europeas empregando os datos do Informe Focus 2020 do Observatorio Europeo do Audiovisual para as dúas primeiras e o Boletín 2020 (p.74) do Instituto da Cinematografía e as Artes Audiovisuais para a última.



Destes informes obtiven estas táboas de datos facendo uso da ferramenta pdftables:





E fixen eu estas para empregar en Flourish:



Flourish:


Libre elección: Line chart race. Para ilustrar a evolución da venta de entradas nos países europeos con maior asistencia ó cine nos últimos cinco anos atopei o gráfico de liñas a visualización máis axeitada. Para non usar o tradicional gráfico estático, preferín escoller esta fórmula máis atractiva. Despois de facelo con dez países intentei probar a meter todos os da Unión Europea, pero o gráfico resultaba moi pouco lexible xa que a maioría dos datos quedaban solapados e non se distinguían nin as liñas nin as bandeiras, polo que finalmente recuperei a idea inicial do top 10.



Hierarchy bar: Para o gráfico de xerarquía collín as tres variables 1) Nacionalidade 2) Xénero 3) Títulos para facer unha visualización das películas europeas que máis triunfaron e ver así os xéneros e países de maior tirón. Escollín as barras porque despois de probar todas as posibilidades esta opción era a que máis me convencía funcional e estéticamente. Aquí xoguei coas posibilidades de editar o código dos pop ups para incluir os carteis dos filmes e os datos de dirección e recadación. Rompín a cabeza intentando averiguar por qué ás veces cando pasas o cursor o pop up visualízase correctamente e ás veces as dimensións cambian e queda a imaxe e o texto fóra do cadro branco. Por máis que o intentei parece que se comporta de xeito aleatorio.


Dispersión: Na gráfica de dispersión usei os datos das cotas de espectadores das producións europeas nas salas españolas, enfatizando a súa gran desvantaxe con respecto á industria estadounidense. Penso que este tipo de visualización é moi ilustrativa para datos deste tipo. Este traballo deume moitos problemas en Flourish, xa que o deseño inicial tiña o eixo Y con toda a listaxe de países e os puntos sen etiquetas, pero non sei por qué motivo á hora de exportar a visualización Flourish eliminábame algúns dos nomes deste eixo, polo que rematei por resolver o problema eliminándoo e colocando as etiquetas dos países en cada punto. Finalmente non quedei descontenta con esta outra opción.


1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Jan 11, 2022

Moi bo (e abundante) traballo cos datos. Moi ben no terreo da programación e, o mellor de todo, moi ben resoltos eses condicionantes da aplicación para non só solucionalos, senón para aportarlle valor engadido ao gráfico. Exemplo disto é o que mencionas no gráfico de dispersión, pois cando hai moitas variables no eixe vertical e non collería o seu nome o que fai Flourish é repartir os nomes de xeito que se poidan ler todos no tamaño dispoñible, tal e como comentamos na clase (pois pasoulle a outras persoas tamén).


O gráfico de libre elección funciona á perfección. Tan só faltaría engadirlle a opción de "Todos" para poder regresar ao comezo despois de consultar algún país de xeito individual. Outra…


Like
bottom of page