top of page

Práctica 4: Persoas activas en España e na Unión Europea

Para esta cuarta práctica traballei cos datos de Eurostat e do INE. Nos datos de Europa móstrase todos os países que forma a Unión Europea a excepción de Alemaña, xa que non había datos.


Na infografía Hierarchy están representados os datos do INE que mostran a poboación activa no Terceiro Cuatrimestre do 2020. No gráfico scatter móstrase os datos do Primeiro cuatrimestre de 2019 de Eurostat. E no último gráfico, o de elección libre, escollín realizalo en forma de mapa cos datos da Unión Europea. Neste, pódese observar unha comparativa entre a poboación total do país e a súa poboación activa a datos do Segundo Cuatrimestre de 2020, xa que estos son os últimos datos completos que temos en Eurostat.


En canto a Flourish ten moitísimas máis opcións que DataWrapper e con boa información pódese facer cousas moi boas. A súa utilización ao principio foi un pouco complicada, pero unha vez que pillei o truco e me pusen a investigar a aplicación disfrutei moito deste traballo.


Aquí adxunto os datos limpios cós que utilicei para realizar o traballo.









1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Jan 11, 2022

Hai un bo traballo cos datos, pero faltaron uns minutos máis no terreo da programación dos gráficos para solucionar algunhas cousas que, aínda que pequenas, son importantes antes de premer o botón de publicar.


No gráfico de xerarquía o principal problema que temos é que non hai xerarquía. O reto nestes gráficos era ter variables dentro das variables. No gráfico da túa proposta só temos o nivel inicial, polo que non podemos adentrarnos dentro de cada unha desas burbullas para ver en que variables está dividida. Realmente neste caso estariamos diante dun gráfico de burbullas que é correcto e está ben resolto, pero non responde a ese reto de facer unha xerarquía de elementos.


En canto ao de dispersión, está…


Like
bottom of page