top of page

Práctica 4: para descubrir o peso da educación dentro do investimento español e europeo

Avanzando no traballo coas visualizacións de información, seguimos practicando co manexo de datos e cifras. Neste caso cunha diferenza salientable conforme á práctica anterior: a amalgama de posibilidades creativas e de edición que presenta Flourish con respecto a Datawrapper. Se no anterior programa a selección e limpeza dos datos era practicamente o máis complexo, nesta só é o principio do caos.


O gasto en educación por parte do Goberno español no pasado ano 2020 foi o conxunto de datos que máis me interesaba para esta práctica. E continuando por esta materia, o gasto na última década –e mesmo século-, o gasto pér capita, o investimento en I+D a nivel europeo, e os partidos políticos que máis destinan á ensinanza. De todas estas, a selección fíxose da seguinte maneira:

  1. Hierarchy – Xerarquía: gasto educativo en España na última década (ano 2010-2020). Establecer a clasificación e reparto das variables foi do máis laborioso, pois debían adaptarse correctamente á visualización elixida. Este foi o primeiro dos deseños, e no meu caso, o máis lioso. Ao principio non entendía moi ben como encaixar a información e lograr que fose aparecendo de forma ordenada sen que faltase ningún dato. Para solventalo, optei por modificar os popups e definir as categorías de forma manual.

  2. Scatter – Dispersión: gasto educativo per cápita no ano 2020. Comprender o funcionamento deste tipo de gráficos xa foi máis sinxelo. Aquí xoga un maior papel o partido político no cargo, polo que a división e o código de cor recae neles, e ademais –aproveitando a explicación ofrecida na clase sobre os popups- inclúese unha imaxe da bandeira de cada comunidade.

  3. Libre elección – Mapa: para a representación dos datos foráneos, a elección foi un mapa europeo. A razón é unha maior axilidade á hora de consultar a información, dunha forma moito máis visual que unha gráfica ou táboa, o lector só ten que poñerse enriba do país que busca para coñecer o dato. O mapa tamén foi un reto. Neste caso porque o Eurostat non inclúe datos de todos os países europeos: en cor están os países que contan con datos na estatística GBARD de Europa, e os demais están nun ton máis discreto. O meu medo era que quedase demasiado baleiro. Outra dificultade foi conseguir destacar as cores entre eles ao ter a maioría uns datos bastante semellantes. En realidade só Luxemburgo e Dinamarca tiñan unhas cifras bastante diferenciadas. Neste caso, traballar cunha fonte e cun programa en inglés tampouco axudaba, pero acábaste acostumando.

As fontes empregadas foron o sitio web datosmacro.com, consultada sempre de forma online, e o Eurostat (a Oficina Europea de Estatística). Para entender o funcionamento dos datos nesta última si tiven que facer algunha consulta, ao confundir o investimento en I+D en educación, co gasto público (deste ámbito tamén). A estatística GBARD mide o investimento en diferentes áreas de acordo a cumprir uns obxectivos nun tempo determinado.


Os datos foron limpados directamente en Flourish. As ligazóns a eles son:

Flourish é posiblemente unha das páxinas máis completas e con maior oferta de consumo gratuíto que usei en toda a carreira. Isto é o que creamos en conxunto:





1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Dec 21, 2021

Os datos están traballadísimos e tan só nos quedaría por afinar catro cousiñas na súa presentación para que quedasen claros ao 100%. Pero xa me adianto a dicirche que hai un moi bo traballo de procura, limpeza e comunicación de todo ese material.


En canto ao de xerarquía. Todo queda clarísimo, mais tan só te convidaría a facer uso das ventás emerxentes para comunicar as cifras e o partido de goberno un nivel antes. Así, facilitamos un chisco a consulta e evitamos tantos clicks por parte da audiencia. Sería convinte que a partires do terceiro nivel tiveramos xa un popup con toda a información acumulada ata ese momento.


No de dispersión, pouco que dicir. Hai múltiples opcións de consulta para…


Like
bottom of page