top of page

Práctica 4: O risco de exclusión social


Para esta práctica quixen traballar sobre o risco de pobreza e exlcusión social. Para facer as dúas primeiras visualizacións empreguei os datos recollidos no informe AROPE, unha radiografía actualizada anualmente sobre o estado da pobreza en España. Para o último, de alcance europeo, collín os datos do Eurostat. A partir destas bases de datos, agrupei a información nas seguintes táboas:





Unha vez en Flourish:


Para o primeiro gráfico, de libre elección, escollín un "line chart". A finalidade era a de amosar a evolución durante os últimos anos da taxa de pobreza por Comunidades Autónomas. Ademáis, quería plasmar o moito que varía a porcentaxe entre elas. Por iso, pensei que o gráfico de liñas era a mellor opción: deixa constancia da evolución temporal e contrasta os valores mais baixos cos mais altos. No espazo do que dispoñía para o gráfico, dezasete liñas facían demasiado densa a visualización. Para solucionalo, ao pinchar nos nomes das comunidades que hai enriba pódese consultar o valor específico.


Para o segundo gráfico, de xerarquía, agrupei as tres divisións que fai a tasa AROPE: persoas en risco de pobreza, con carencia material severa e vivindo en fogares con baixa intensidade de traballo. Ademáis, dividín cada unha das áreas en homes e mulleres e, despois, en rangos de idade. O problema aquí veu unha vez subidos os datos e creado o deseño, coas ventanas de información que saían ao deixar o cursor sobre as áreas. A miña idea orixinal era que que nelas se amosara a porcentaxe total de cada categoría. Por exemplo, ao deixar o cursor sobre a categoría "En riesgo de pobreza", quería que saíra a porcentaxe total de persoas que se atopan en risco de pobreza. No seguinte nivel, gustaríame facer o mesmo nas categorías de "Homes" e "Mulleres". Porén, pese a intentalo de varias formas, non fun capaz de crear ese efecto e decidín quitar por completo esas ventás emerxentes.


Para a última visualización, a de dispersión, traballei con datos europeos. Para contrastar a evolución, escollín un gráfico con animación e os anos 2010, 2015 e 2020. Para que os países foran mais fáciles de localizar, dividín as seccións de Europa, cada unha nunha cor, de maneira que pinchando na barra de enriba saian no gráfico os países pertencentes.



1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Jan 11, 2022

Ben traballado no terreo dos datos. Tamén no da programación, aínda que habería que facer pequeniños axustes para deixalo todo ao 100%.


No de xerarquía, estaría ben amosar un nivel máis na visualización inicial. Así trasladámoslle á audiencia que dentro deses primeiros recadros hai máis datos para consultar e "convidámolos" a seguir explorando.


En canto ao de libre elección, habería que explorar a opción dun filtro que nos permitira a consulta de dous territorios ao mesmo tempo (seleccionar dous e así comparalos). Simplemente por ver se é unha opción que facilita a consulta da información en maior ou menor medida que o actual.


Finalmente, habería que prestarlle atención ao formato dos números. En español e en galego o formato máis…


Like
bottom of page