top of page

Práctica 4: Non hai PLANeta B

A miña práctica 4 consiste en tres visualizacións que se inserirían nunha reportaxe que abordase o tratamento actual do medio ambiente, o cambio climático e as consecuencias do mesmo. Por iso, se escolleron tres temas diferentes entre si pero relacionados á vez. Ponderados de tal maneira a como sairían plasmados na reportaxe, o primeiro deles é sinxelo, típico pero, á vez, moi revelador: un gráfico sobre a temperatura global da Terra. Constantemente oímos que a temperatura do planeta sobe, que estamos nunha situación crítica… pero o texto ou o son non teñen o mesmo efecto que pode ter, neste caso, unha visualización. Só coa gama de cores, se pode observar como a Terra, o planeta verde por excelencia, se vai tornando co paso dos anos en algo máis achegado a Marte, o planeta vermello, dende o punto de vista da temperatura. A recollida de datos para este gráfico foi simple grazas á labor da NASA, con datos que se remontan a 1880. (Acceso aos datos aquí)


Logo de presentar a situación a nivel global e de deixar claro que existe un problema, ímonos ao ámbito europeo, o que nos toca máis de preto -non vai ser todo falar de EUA-. Para ver como está a situación en Europa, decidín facer un gráfico de dispersión que recollese a inversión en euros por habitante no medio ambiente de varios países europeos. Esta temática quixen que fose para este tipo de gráfico porque creo que se distinguen moi ben as diferencias desta forma. Dun golpe de vista, vemos que só hai tres países que superan os 10 euros por habitante: Finlandia, Luxemburgo e Alemaña, así como tamén chama a atención o puntiño de Bulgaria, tan achegado ao eixe Y, con tan só 0.1 euros por habitante de investimento. A decisión de non eliminar ningún país dos que Eurostat proporcionaba datos é porque o medio ambiente e o cambio climático é unha problemática que afecta a todos e na que todos deben estar implicados. Entón, considero que cantas máis realidades poidan ser plasmadas de xeito sinxelo, máis coñecemento pode adquirir o usuario. Amais, non me pareceu que inserilos todos fose algo esaxerado. En xeral, non foi un gráfico que dese problemas na súa elaboración máis que a de ter que axustar o seu tamaño, de forma que se puidesen visualizar todas as liñas á vez. Tamén cabe dicir que o traballo cos datos de Eurostat foi ameno. Traballar con bases de datos estranxeiras asustábame bastante porque se xa me costan as que están en castelán ou galego, para máis unha en inglés. Pero logrei entendela, proba superada. Aínda que está inserida no propio gráfico para que calquera usuario poida ter acceso a ela, a táboa da que saquei os datos é esta:




O último gráfico foi o máis laborioso, sen dúbida. É de tipo xerárquico e trata sobre a recollida de residuos urbanos en España. Calquera que lea residuos urbanos se preguntará -como é lóxico-..que son os residuos urbanos exactamente??? No espazo inferior da visualización aclárase esta pregunta. Pero é máis, a selección fíxose atendendo a aqueles residuos que son considerados perigosos, ou o que é o mesmo, altamente contaminantes. Ten lóxica que, se se está tratando o cambio climático, se poña a ollada naqueles residuos que poidan ter unha maior afectación no medio ambiente. Nun principio, ía utilizar os datos do tándem da reciclaxe: papel-plástico-vidro. Mais, logo de pensalo e darlle voltas... o tema da reciclaxe is not that deep. Non é tan importante, dende o meu punto de vista, ver se se recicla ou non, senón ver se se fai un tratamento correcto dos restos que, sendo poucos, contaminan máis. Para poder seleccionar os que o INE cataloga como perigosos, digamos que crucei dúas fontes diferentes. Por un lado, unha táboa de datos na que se clarifica, de forma moi concreta, que utensilios son perigosos en canto a contaminación:


e esta clasificación cruceina coas definicións deste PDF:


para seleccionar, da táboa que usei como fonte principal- a que separa os residuos por CCAA-, os rangos que podían conter dentro deles residuos perigosos. Teño que dicir que, ao meu parecer, o INE é bastante ambiguo nesta clasificación. Entendo que aos contedores chegarán obxectos de diversa índole mais tamén é certo que as estatísticas, máis que facer sinxela a consulta, complícana. Tamén quería aclarar que o feito de que a boliña de xerarquía das pilas saía moi pequena en comparación co resto é esteticamente cuestionable pero informativamente interesante. Significa que, en xeral, non hai tendencia a tirar as pilas en contedores convencionais -o que é unha moi boa sinal-.




En canto á utilización da ferramenta Flourish, resultoume máis complexa que DataWrapper, sobre todo porque ao estar todo en inglés, había palabras que non entendía o que significaban nin que cambios ían facer na visualización. Porén, é certo que a nivel funcional, trátase dunha aplicación moi completa. Este traballo, a nivel persoal, foi o máis difícil dos que levamos ata agora. Non só pola propia dificultade da actividade, senón porque non estou acostumada a traballar con bases de datos. Neste sentido, supúxome un esforzo adicional buscar os datos, seleccionalos, filtralos, limpalos e decidir como presentalos. Supoño que tamén diso ía esta práctica. Ao final, podo dicir que a desfrutei.



1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Dec 21, 2021

Pois sei perfectamente que Flourish era a aplicación máis complicada de todas as vistas, pero o reto está máis que superado. Podería tentar sacarlle punta a todos os traballos, pero non hai por onde, certamente. Están os tres para coller e publicar no lugar que fosen requeridos para esta temática.

Como única precisión só sinalaría o tipo de unidades empregadas no gráfico de dispersión e no de libre elección, que cambian o formato con respecto ao de xerarquía. Nos dous primeiros o punto serve para separar os decimais, mentres que no final separa os milleiros. É unha cousa menor, pero na que tamén temos que fixarnos para darlle ese acabado completo.

Moi moi moi bo traballo con Flourish!

Like
bottom of page