top of page

Práctica 4: Inmigración e peticións de asilo

Para esta práctica seleccionei dous conxuntos de datos diferentes. O primeiro é unha táboa do Instituto Nacional de Estatística sobre o fluxo de inmigración procedente do estranxeiro por ano, país de orixe e nacionalidade. O abano de datos era bastante amplo, cun gran desglose dende 2008 ata 2020.


Para poder representalo mellor no gráfico de dispersión e que quedara unha visualización dinámica, seleccionei os datos referentes á inmigración estranxeira que recibiu España neses anos, clasificándoa segundo o país de procedencia. Ao realizar a limpeza, optei por empregar os datos só dende 2008 e 2020 para poder ver a evolución xeral neses doce anos.



Escollín o gráfico de dispersión "Connected dot plot", pareceume o máis axeitado para amosar un conxunto de datos destas características. Considero que a liña que conecta os puntos permite coñecer a simple vista se o número de inmigrantes aumentou ou diminuíu.


Utilicei dúas cores para diferenciar os anos, azul para o ano 2020 e rosa para o ano 2008, nun tono suave pastel que se repite nas outras gráficas. Ademais, simplifiquei os "PopUps" para dar a información axeitada en cada sección.


Ao mirar o gráfico desaparecen algúns países para axustarse á proporción. Flourish impídeme modificalo, pero o tamaño para a visualización rondaría os 800x600.



Para os seguintes gráficos, collín os datos do portal Eurostat; referentes ás peticións de asilo por tipo de petición, cidadanía dos solicitantes, ano e xénero. A idea inicial era realizar táboas dos países que máis peticións de asilo solicitan á Unión Europea, pero o volume de datos era demasiado grande e Eurostat non permitía a descarga. Deste xeito, fixen un cribado cos quince países europeos que máis peticións de asilo recibiron nos últimos dez anos.



Para a o gráfico de libre elección, seleccionei o "Line Chart", xa que permite amosar unha evolución dun gran conxunto de datos de forma sinxela. Ó representar todos os países sen ningún criterio, o gráfico quedaba un pouco "desordenado". Para facilitar a comprensión utilicei a opción "Multi Select", que permite seleccionar que países amosar e poder comparalos entre eles. Ao amosar a evolución dos datos, pode observarse un pico común entre os anos 2015 e 2016.

Para o gráfico de xerarquía empreguei a opción "Treemap", consider que é a mellor permitía amosar unha información destas características. As peticións de asilo están divididas por país, franxa de idade dos solicitantes e xénero.

En primeira instancia barallei a opción de empregar só un nivel de visualización para dr unha imaxe un pouco máis limpa. Finalmente, decidín utilizar dous. Deste xeito, cun só vistazo, pode coñecer o perfil maioritario dos solicitantes de asilo. Ademais, engadín un buscador para poder filtar mellor a información.



1 comentario


angelvizoso
angelvizoso
23 dic 2021

Bo traballo de limpeza e relación dos datos e tamén no relativo á selección dun marco cromático común para os elementos.


O gráfico de dispersión é claro e non ten defecto algún. Funciona á perfección e compréndese con facilidade. Iso si, fíxate en que os números nuns puntos teñen separador para os milleiros e noutros non. O escenario óptimo é cando empregamos o mesmo formato de xeito constante.


En canto ao de libre elección. Ben programado tamén e ben empregado ese filtro que nos permite paliar a dificultade de ter moitos países. Iso si, neste caso creo que perde algo de sentido a lenda de color, xa que introduces as etiquetas a carón da liña. Para facer un pouco máis…


Me gusta
bottom of page