top of page

Práctica 4 : España, país xeriátrizado

Para esta cuarta práctica utilicei 3 grupos de datos, 2 do INE e 1 do Eurostat. O traballo nestas fontes foi relativamente doado. Os unicos problemas foron, no caso da táboa de poboación maior de 65 anos en España, que a visualización escollida para esa táboa non funcionaba demasiado ben ao incluir Ceuta e Melilla pola diferencia dos valores correspondentes co resto de datos. Despois dalgúns intentos fallidos para arranxalo, decidín que a mellor opción era prescindir deses datos xa que polo pequena poboación das dúas cidades en cuestión información non era demasiado relevante de todas formas. No caso dos datos do Eurostat, ao presentar os datos de todos os países da UE a gráfica tiña demasiados elementos como para transmitir efectivamente a información, co cal decidín facer un cribado e deixar soamente os países do sur de Europa xa que considero que para a temática en cuestión resultan nas comparacións máis adecuadas. Por último, á táboa de nacementos e defuncións engadinlle nun primeiro momento a poboación total e por comunidades

do ano do que escollín os datos (o último ano no que ambos estaban dispoñibles)

Fontes utilizadas :





1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Jan 11, 2022

O traballo cos datos é bo e, polo xeral, a programación dos materiais tampouco amosa erros ou sensación de erro en ningún punto.


En primeiro lugar cabe indicar que nesta práctica tiñamos que facer un gráfico de xerarquía (entre as 5 opcións de xerarquía que ofrece Flourish), outro de dispersión e outro de libre elección dentro da ferramenta. Destas tres tipoloxías só temos a de dispersión e a libre, polo que a de xerarquía quedou sen facer (entendo que se che pasou ese detalle e fixeches dúas libres).


O gráfico de barras que aportas en primeiro lugar está correcto. En principio non ten fallos no plano da visualización, aínda que si no formato das unidades empregado. A recomendación á hora…


Like
bottom of page