top of page

Práctica 4: brecha de xénero no audiovisual europeo e español


Para esta práctica, optei por analizar a representatividade das mulleres detrás da cámara -tanto a nivel europeo como no noso país- co obxectivo de poder aclarar se estamos ante unha situación de brecha de xénero ou non.


Para realizar esta investigación, tiven que recorrer ós informes anuais publicados polo Observatorio Europeo do Audiovisual, onde obtería os datos a nivel europeo e por outra banda, ós publicados pola Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales.


Aquí deixo o Excel co que traballei que inclúe as ligazóns ós informes orixinais.




A primeira gráfica que optei por facer foi a de dispersión. Deste xeito, procurei representar todos os puntos da mesma cor, xa que considero que a representación da evolución da cor gradualmente podería perxudicar á súa correcta lectura. Ademais, considero que a información que proporcionan os pop-ups é suficiente para comprender esta información.

Sen dúbida, este gráfico de xerarquía foi o que máis quebraderos de cabeza provocou. A dificultade verdadeiramente, residía en darlle 'forma' ós datos para poder ser percibidos deste xeito. Creo que finalmente, conseguín o esperado e cun golpe de vista é moi doado confirmar a existencia dunha brecha de xénero.


Para completar esta reportaxe, optei por facer un gráfico máis tradicional, amosando como foi evolucionando a produción de longametraxes entre o 2003 e o pasado 2017, amosando como as mulleres sempre ocuparon unha segunda posición.


1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Dec 27, 2021

Os datos están ben traballados, pero hai que afinar un par de cousas na súa presentación para que nos queden claros ao 100%.


No gráfico de dispersión hai pouco que dicir, xa que a presentación é clara e resulta moi moi claro o que se transmite con eses datos para cada unha das áreas. Iso si, é importante fixarse no idioma aínda que nos atopemos facendo visualización da información e non empreguemos moitas palabras. Coidado con ese "Sonido" ese "Diseño" e esas cousiñas.


En canto ao de xerarquía. Para que resultase máis claro sería oportuno eliminar un nivel do "Nesting" e non ter que atopar os datos numéricos finais nun último nivel, senón asociados a unha ventá emerxente nesa división…


Like
bottom of page