top of page

Práctica 4: A pobreza a nivel europeo en comparación co mundo

Para a cuarta práctica escollín tratar outro tema social: a pobreza. O enfoque deste traballo sería comparar a situación en Europa coa mundial. As fontes, como se indican nas instrucións do traballo, foron distintas e, ademais, tratan dúas parte difirentes deste tema. Os datos europeos, provistos por Eurostat, indican a porcentaxe de persoas que se atopan en risco de pobreza. En cambio, os datos provistos polo Banco Mundial falan da poboación que se atopa nesta situación.


O primeiro paso que din foi a escolla das bases de datos. Tardei demasiado en escoller, tanto o tema como as bases de datos coas que tratalo. A base de datos de persoas en risco de pobreza seguro que ía úsala, o que non sabía era con cal acompañala. Tras pensar en relacionar a citada base coa situación laboral da poboación española, decanteime por unha base de datos que trata a pobreza a nivel internacional para así traballar con datos doutra orixe ás utilizadas anteriormente.


O método de limpeza baseóuse en dous etapas. Unha primeira na que poño orde aos datos que me son útiles para a realización de calquera visualización. E unha segunda na que, xa escollida a visualización, xa separo os datos que vou usar dos que podo prescindir para facilitar o traballo á aplicación. Aínda que tiven problemas á hora de traspasar os datos a Flourish igualmente, e vinme obrigado a meter a man algún deles. As bases de datos traballadas son as seguintes:

O traballo consta de tres elementos.

  1. Hierarchy (xerarquía). Elemento usado cos datos provistos por Eurostat. Era o elemento ao que máis medo tiña, pola súa complexidade, mais unha aberto o editor en Flourish non atopei dificultade algunha, agás en dous puntos. Por unha parte, cutoume atopar a aforma coa que ordear ben os datos, polo que non se me agruparon os países segundo a súa rexión. Por outra, non atopei a forma de cambiar o formato dos decimais. Cambieino tanto na ferramenta do editor como na táboa, e de ningunha maneira funcionou xa que, por algunha razón que descoñezo, os decimais desaparecían ao cambiar o formato. Este feito só aconteceu no gráfico de xerarquía, nos outros elementos non houbo problema algún.

  2. Scatter (dispersión). Pensei que sería boa idea, dadas as opcións de Flourish, escoller unha na que representar as variación durante un período de tempo da porcentaxe de probreza no mundo. Por desgraza, os datos recollidos, a pesar de seren interesantes dende o meu punto de vista, non están actualizados. Isto débese a que escollín dous anos nos que o Sur asiático aportase os datos suficientes. Despois de 2010, practicamente non hai referencias da cantitade de persoas pobres nesta rexión do mundo.

  3. E un elemento de libre elección. No meu caso, un gráfico de área apilada. Tras usar os datos da porcentaxe de poboación pobre no mundo, aínda contaba cos números totais que foron usados nesta gráfica. Pareceume unha boa elección para representar como o número de persoas en situación de pobreza segue aumentando a pesar de que representan menor cantidade da poboación. Outro factor relevante a comentar é o nivel de persoanlización da plataforma que experimentei ao longo da produción de tódolos elementos.



2 Comments


angelvizoso
angelvizoso
Jan 07, 2022

Ben traballado no terreo dos datos e tamén na súa representación. Non te preocupes por ese documento que dá fallo, xa que en principio non hai dúbidas ou problemas que me leven a ter que consultar o documento de traballo.


Hai unha boa programación dos materiais e non se observan erros ou problemas que semellen erros dende a óptica do usuario.


En canto ao de dispersión, non hai moito que dicir, pois está moi ben resolto e é moi claro.


No de xerarquía a programación é boa tamén e a disposición dos elementos é clara. Si que é certo que falabamos de tentar ter tres niveis (hai dous neste momento) para resolver a dificultade da súa representación, pero non pasa…


Like

samuelperezperez7
Dec 27, 2021

A base de datos chamada "Region" supostamente tiña que conter os datos "sucios" e "limpios" da pobreza a nivel mundial. Mais non sei que pasou que, polo menos cando abro o ducumento no meu ordenador, non me saen todas as follas só unha delas. Descargueime a base e limpeina outra vez para subila ao blogue pero vólveme a pasar o mesmo. Sinto as molestias.

Like
bottom of page