top of page

Práctica 4: A pandemia en cifras

Para a elaboración deste exercicio decidín falar da pandemia que asolaga as nosas vidas dende hai case dous anos, sei que a temática non é a máis orixinal, pero optei por ela porque penso que temos que ser conscientes de que isto aínda non acabou e de que, a pesar de que as cifras son moito mellores que hai uns meses, os falecementos e contaxios actuais merecen seguir ocupando a primeira plana dos xornais.


Hei de confesar que as prácticas van sendo cada vez máis complicadas, o que ao meso tempo, as fai máis emocionantes. Como estudante, fíxome ilusión ver como moitos xornais grandes do noso país utilizan ferramentas como Flourish para desenvolver as súas pezas. Creo que coñecer esta arma de traballo é algo que pode influir positivamente na miña experiencia como profesional.


Para facer esta práctica estabamos obrigados/as a utilizar tres tipos de visualizacións:

  • De xerarquía: Para facer o gráfico de xerarquía escollín as variables relacionadas coa positividade e negatividade das probas diagnósticas realizadas en todas as provincias do estado español. Desta maneira, puiden desenvolver un gráfico de árbore no que poder reunir as provincias dentro das súas CCAA e ofrecer datos máis cercanos aos nosos posibles lectores/as. Este foi o último dos deseños que fixen e, con diferenza, o máis laborioso, pola contra, considero que é un tipo de visualización moi útil e que ademais pode atraer a atención dos usuarios/as. A fonte da que saquei os datos foi o Ministerio de Sanidade

  • De dispersión: Para a gráfica de dispersión escollín os datos relativos aos dez países máis afectados actualmente pola pandemia de covid-19. A fonte da que saquei os datos foi Our World in Data, o que fixo que a disposición dos mesmos e a lingua na que estaban (inglés) fosen un chanzo de dificultade para a realización do exercicio. Pola contra, creo que enfrontarme a isto fixo que collese máis confianza á hora de manexar datos estranxeiros.

  • De libre elección (Mapa): Para este último execicio decidín usar un mapa para reflectir a administración das vacinas en España xa que, non só se seguen poñendo as primeiras dúas doses, senón que se empezou a administrar o terceiro pinchazo para un amplo rango de idades. A través do mapa quixen representar a evolución da vacinación en cada comunidade autónoma. A fonte da que saquei os datos foi o Ministerio de Sanidade

Despois das explicacións, deixo aquí os dous ficheiros cos que puiden elaborar as tres visualizacións anteriormente descritas:


A continuación, os tres traballos que fixen con Flourish:



Para rematar, gustaríame falar das dúas dificultades principais ás que me enfrontei con estas visualizacións; a inclusión de bandeiras no gráfico de dispersión, no que, non sei por que, cando paso o cursor por enriba dun dos puntos e sae o popup a bandeira aparece algo saída de sitio, máis cando o paso por segunda vez sae ben. Por outra banda, nos popups do mapa non fun quen de manter o símbolo de % na mesma liña que as cifras. Polo demais, fixen o mellor traballo que puiden e despois de experimentar con Flourish, podo dicir que se trata dunha ferramenta moi útil e con amplas posibilidades creativas.

1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Dec 22, 2021

Ben resoltos os tres proxectos no relativo ao traballo cos datos e ben tamén en termos de presentación.


No mapa tan só faltaría por tentar modificar o tamaño das ventás emerxentes para facer que puideran ser un pouco máis anchas. Así non se cortaría o dato da porcentaxe tal e como apuntas no comentario. Creo que a solución pasaba por facer máis anchos os popups.


En canto ao de xerarquía, recomendaríache facer dous niveis visibles dende a primeira ollada. Así xa se nos traslada un chisco máis de información dende o comezo.


Por último, no de dispersión, hai un bo traballo, xa que se entende á perfección e é un gráfico moi completo. Aquí pode que che resultase de utilidade…


Like
bottom of page