top of page

Práctica 4: A brecha salarial de xénero

Actualizado: 30 dic 2021

Para esta cuarta práctica decidín traballar con datos do INE e de Eurostat. O tema que escollín foi a brecha salarial de xénero, tanto en España como na Unión Europea. Tamén engadín datos sobre a taxa de emprego dos países que forman a Unión Europea.



Para a visualización Scatter decanteime pola brecha salarial de xénero en España. Os datos amósanse en porcentaxes e divididos por grupos de idade. Nela podemos apreciar os datos dende o ano 2009 ata o 2020. Escollín a radial porque me parecía a máis agradable esteticamente, iso si, cambiando as cores que ofrecía Flourish por outra paleta de cores azuis e violetas.



A visualización Hierarchy correspóndese cos datos da brecha salarial de xénero na Unión Europea excepto de Grecia, Croacia e Irlanda porque non había datos dispoñibles en Eurostat. Hai datos sobre o ano 2009 e sobre o 2019 que nos permiten apreciar a evolución neses 10 anos que transcorren entre ambos anos. As cores tamén as cambiei e optei por un vermello máis forte e outro pastel, tirando a rosa.



A última opción da ferramenta que escollín foi a bar chart race, para a visualización de libre creación. Os datos son sobre a taxa de emprego na Unión Europea dende o 2011 ata o 2020. Engadín bandeiras para que fora máis sinxelo visualizar os países e tamén cambiei a paleta de cores. Neste caso decanteime por varios tons azuis e grises.


1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Dec 29, 2021

En liñas xerais ben traballado no plano dos datos e tamén na súa presentación.


En canto ao gráfico de xerarquía, pouco que comentar, xa que funciona ben e tamén está ben resolto en termos de presentación. Era complexo, porque esta forma de "Radial tree" pode dar problemas como o de que non se lean as etiquetas dos datos, pero no teu caso está ben resolto. Tan só habería que revisar o xeito no que presentas a cifra das porcentaxes. En español e galego o divisor preferido para os decimais é a coma, xa que o punto adoita ser empregado como divisor dos milleiros. Importante ter en conta eses aspectos para conectar co que o noso público ten como aprendizaxe previa.


Like
bottom of page