top of page

Práctica 3: os delitos sexuais condenados en España

Para esta terceira práctica decidín traballar sobre os delitos sexuais condenados nos últimos anos en España. No proceso inicial de limpeza de datos, eliminei as notas do INE, fixen as correccións necesarias nos nomes (xa que o meu traballo é en galego) e ordenei os períodos de xeito que me permitisen reflectir unha evolución temporal.




En canto ás adaptacións para realizar os tres elementos gráficos, aínda que na táboa decidín recoller os catro últimos anos dos que hai datos dispoñibles no INE, no gráfico pareceume máis axeitado comparar os anos 2018 e 2019, en vez de comparalos co 2020. Tomei esta decisión debido a que o ano da pandemia non se adoita tomar como unha referencia para analizar distintos períodos xa que se produciu, en xeral, un descenso da criminalidade propiciado polo confinamento. Neste caso, tamén decidín prescindir dos datos do total nacional xa que, ao ser unha cifra bastante grande, esconde o resto de datos e fai que o número de delitos por comunidade autónoma semellen pequenos, o que lle podería restar importancia a esta problemática.





No mapa si que me centrei no ano 2020, para profundizar nesta realidade durante a pandemia, pero aclarando que a nivel nacional se produciu un descenso de penas por delitos sexuais debido á situación sanitaria.




En canto ás cores, intentei escoller unhas tonalidades que me permitiran manter a unidade do traballo nos tres elementos gráficos. Á súa vez, quería usar tons que non foran moi chamativas ao tratarse dunha temática que xera sensibilidades, polo que, finalmente, me decantei polos azuis e grises. No mapa optei por unha variedade cromática (o azul) e prestei especial atención ao seu contraste para que a peza funcionase tamén para aquelas persoas que sufran algunha disfunción visual que provoque a alteración na percepción da cor.


A principal dificultade foi a elección do tema e o traballo coa aplicación, aínda que coa práctica resultoume bastante sinxela. Tamén me gustaría no traballo poder recoller a evolución, por exemplo, comparado as cifras das últimas décadas pero segundo os datos dipoñibles no INE dita tarefa non foi posible.


1 comentário


angelvizoso
angelvizoso
25 de nov. de 2021

Pois hai pouquiñas cousas que dicir porque os materiais funcionan correctamente, tanto no relativo ao tratamento dos datos e a presentación deste tema a través deles como na programación que conteñen.


Tan só sinalaría dous puntos de mellora. En primeiro lugar este é un deses casos nos que poderiamos chegar a prescindir desa anotación de "Unidades: delitos condenados", pois xa queda clara no título dos materiais. En segundo lugar, habería que revisar a escala de cor do mapa, pois hai un punto cara o primeiro terzo onde se escurece, vólvese a aclarar no centro e volve a oscurecerse no segundo terzo. O escenario ideal sería que a escala fose liñal. Esta é unha desas cousas nas que temos que fixarnos…

Curtir
bottom of page