top of page

Práctica 3: mortes por leucemia en 2020

Actualizado: 30 nov 2021

Decidín traballar cos datos dunha enfermidade, neste caso da leucemia, porque a segmentación da información por sexo e por Comunidade Autónoma parecíame, dende o comezo, na etapa de elección do tema, o esquema máis claro e sinxelo de elaborar. Ademais, as estatísticas da cuestión que escollo son recentes, do 2020, polo que as seguintes tres visualizacións poderían aparecer hoxe en calquera medio.


A continuación, paso a comentar os problemas que tiven con cada visualización e tamén xustifico as decisións que tomo en cada unha delas:


Na táboa: ao exportar a folla de Excel, non me aparecían as porcentaxes con decimais, senón redondeadas. Isto volveume un pouco tola, ata que decidín pór eu mesma, manualmente, as porcentaxes. Fíxeno coa opción de engadir unha columna adicional na táboa, no segundo paso. Isto xa si que funcionou! Antes indagara e fixera probas cos botóns de redondeo con decimais, multiplicación/división por certas cifras, etc. que tamén aparecen no segundo paso corrixe e describe. Decidín que a táboa fóra navegable, aínda que sexa breve, para darlle un plus de comodidade ao usuario. Por outra banda, quixen pór a porcentaxe que aporta cada CC.AA. ao total de mortes a nivel nacional. Como estas porcentaxes non se representan no mapa nin no gráfico de barras, decidín resaltalas en negriña.


No mapa: a opción para a escolla da paleta cromática, que consiste en deslizar unhas frechiñas, pareceume algo engorrosa. Non remata de convencerme. Sería máis doado se puideramos premer en cada CC.AA. e adxudicarlle o código da cor que queremos. Nesta liña, non sei se conseguín que se diferencien ben as cores. Por este motivo, engadín a posibilidade de ampliar/alonxar o mapa para poder percibilas tonalidades perfectamente. Nun principio, quería poñer o mapa nunha gama de laranxas, por ser a cor do lazo da leucemia. Non obstante, parecíanme máis elegantes estes tonos, máis "relaxantes" para a vista.


No gráfico de barras: non tiven ningunha dificultade. Poño as barras nunha orde de menos a máis decesos, non nunha alfabética das CC.AA., como no caso da táboa. Esta decisión obedece a unha cuestión visual. Deste xeito, a primeira ollada sábase que rexión ou Cidade Autónoma rexistra máis ou menos mortalidade por leucemia.


En xeral, a ferramenta pareceume moi boa. Sen dúbida, vou empregala e recomendala moito a partir de agora.


Aquí está o resultado!








Comments

Couldn’t Load Comments
It looks like there was a technical problem. Try reconnecting or refreshing the page.
bottom of page