top of page

Práctica 3: Evolución dos fogares monoparentais en España

Para esta práctica decidín representar e evolución dos fogares monoparentais en España dende o ano 2014. A parte máis complicada da tarefa foi facer a limpeza, resultoume bastante complicado e levoume moito tempo chegar a decidir cal eran os datos que quería amosar e como quería facelo. Adxunto o documento coas táboas orixinais do INE e como fun pouco a pouco seleccionando os datos que quería e necesitaba.

Nos datos do INE aparece o número total de fogares monoparentais e un desglose segundo o número de habitacións que ten cada vivenda. Os datos abarcan dende o 2014 ata 2020. Houbo un repunte deste tipo de modelo de familia en 2017, polo que escollín datos de 2014, 2017 e 2020 para ilustrar unha evolución sinxela dos datos.

O uso da ferramenta Datawrapper foi complicado nun comezo, xa que ofrece moitas posibilidades e non é doado decidir cal é a forma máis axeitada de presentar os datos. A táboa foi o apartado máis fácil.



Decidín empregar un mapa coroplético, xa que ao ter datos de todas as provincias considerei que era a forma máis axeitada de representar este tipo de información.


Esta gráfica foi a máis complicada de facer. Había moitas opcións e non sabía cal podería ser a máis axeitada. Ademais, decidir que datos se poden mostra deste xeito tampouco é doado. Finalmente, optei por non amosar o total de fogares que hai en España para compara cales son monoparentais, xa que, a pesar de que é un grupo significativo, parecen insignificantes ao amosarse así.


Barallei a opción de xuntar os datos por comunidades autónomas en lugar de indicalo por provincias, pero preferín amosar como nas capitais das comunidades o número de fogares monoparentais é maior.






1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 24, 2021

En xeral os tres materiais están ben configurados. As formas elixidas son máis que correctas para o tipo de datos que tiñas á túa disposición e para o que tentas trasladar con eles. Iso si, hai que fixarse nun par de detalles que quedaron aí pendentes á hora de pechar os proxectos:


Táboa: podería compensarche facer a evolución en orde cronolóxica. Igual neste caso non, pero coméntocho para proxectos futuros nos que igual teñas máis anos (neste caso son só 3). Polo demais, a presentación dentro deste elemento está perfecta, nada que dicir.


Gráfico: ben a nivel de presentación e de cores (hai contraste e están ben integradas no conxunto xeral elaborado), pero faltouche a autoría! É un mal menor,…


Like
bottom of page