top of page

Estranxeiros procedentes da Unión Europea en España

Nas miñas tres visualizacións, decidín utilizar os números relativos ao número de residentes estranxeiros en España procedentes da Unión Europea (cos datos a xaneiro de 2021, sen o Reino Unido). Pensei que podería ser unha boa forma de descubrir as migracións cara o noso país que ocorren dentro de outros países da Unión, algo que non se menciona tanto nos medios de comunicación coma outro tipo de migracións (especialmente as de persoas provintes do continente africano), e como de atractivo é o noso país para migrantes procedentes de países "máis desenvoltos".


Utilicei datos do Instituto Nacional de Estatística, que divide os seus datos en diferentes categorías para que a súa consulta sexa máis doada e intuitiva. Na primeira visualización fixen unha táboa na cal se mostren os estranxeiros procedentes da UE en cada comunidade autónoma e no total do país. Unha vez dividido por comunidades, procedín a distribuír os datos por sexo, comparalos coa poboación total do territorio e calcular que porcentaxe desa poboación total corresponde a estranxeiros da UE. Na segunda visualización recorrín a un mapa coroplético para visualizar dunha forma máis atractiva e chamativa o porcentaxe de estranxeiros sobre a poboación total, sendo canto máis branco menos porcentaxe e canto máis azul máis porcentaxe. Por último, na terceira visualización fixen unha gráfica de barras nas que se compara o porcentaxe de estranxeiros en cada comunidade autónoma segundo o seu sexo, dunha forma simple pero atractiva.


Para refinar os datos extraídos do INE utilicei follas de cálculo de Google para cada unha das visualizacións, que se congregan todas neste arquivo:

Non atopei maiores dificultades ao traballar con Datawrapper xa que se trata dunha ferramenta intuitiva e doada de usar, incluso para persoas que nunca traballaran con ela antes. Introducir os datos é doado e da moitas opcións de facelo, incluíndo enlazando unha táboa de Google Drive directamente, o que nos permite facer todo o traballo sen saír do navegador. Tamén ofrece unha ampla gama de visualizacións que permiten mostrar os datos de formas variadas.


Algúns quebradeiros de cabeza apareceron co editor de táboas do propio Datawrapper, que sí que é bastante ríxido e non demasiado intuitivo, o que nos forza a volver a refacer as nosas táboas se hai algún fallo máis ou menos grande, algo que me pasou en ocasións. Por outro lado, o idioma foi algo problemático, xa que na táboa e na gráfica puxen os datos en galego, mais foime imposible cambiar o idioma das comunidades autónomas a galego no mapa coroplético. Por último, a cor non foi un problema, xa que atopei que unha das combinacións predeterminadas da aplicación cubría totalmente as miñas necesidades, que era buscar unha paleta de cores que fose agradable á vista (sen cores fortes ou demasiado vivas), que se poidan ver en todo tipo de fondos (modo claro ou escuro) e que teña unha gama ampla que poida distinguir ben os datos en mapas coropléticos.





1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 24, 2021

Pois realmente pouco hai a comentar, xa que todos os materiais funcionan á perfección tanto de xeito individual como dentro dese potencial conxunto que tiñamos a misión de deseñar. Se cadra (e só como apuntamento), poderías apostar máis forte nos subtítulos facendo deles un elemento máis de reclamo que nos aporten algunha tendencia curiosa e que sirvan de reclamo ou chamada de atención. Pero realmente non hai nada que dicir sobre o presentado, porque está máis que conseguido. Noraboa!

Like
bottom of page