top of page

Práctica 3: Concesións de nacionalidade por CCAA

Nesta terceira práctica optei por un tema do que non se soe falar nos medios de comunicación: as concesión de nacionalidade a residentes extranxeiros. Fálase moito de inmigración, pero non das concesións de nacionalidade e das características destas: nacionalidade de orixe, clase social, problemas no proceso de obter a nacionalidade, duración... Obtei por analizar estas concesións ao longo dos tres últimos anos.


Os datos foron recollidos do Portal de Inmigración, á que cheguei a través do INE. A tabla que te ofrece o servizo público inclúe a nacionalidade de orixe dos xa cidadáns españois e a comunidade autónoma á que pertencen, polo que no proceso de limpeza decidín eliminar a primeira variable. Polo tanto, a tabla coa que finalmente traballei en Datawrapper é a seguinte:

Durante o proceso da elaboración dos elementos non atopei grandes problemas. O único digno de mención podería ser a elección de cores do mapa, mais non me pareceu excesivamente complexo e a confunsión do formato dos datos, xa que a ferramenta le as cifras na forma anglosaxona. Outro problema foi elixir unha das "charts" que ofrece, posto que á hora de visualizar nun primeiro momento aparecíame moi pequeno polo que ningunha opción me parecía axeitada. A escala na que se representaban os datos non me atraía, ata que descubrín que podía modificar o tamaño do elemento.





1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 29, 2021

Pois non hai moito que comentar como puntos de mellora, xa que está perfectamente executado. Si que é certo que a elección do fondo irá sempre condicionada ao deseño do lugar no que vaian ser incrustados este tipo de materiais. Porén, no caso elixido é unha boa solución de cara a evitar que no mapa se nos difuminen os territorios cos datos máis baixos. Ao estar o cero nunha cor tan clara podería pasar que os territorios con datos próximos a esa cifra quedasen fusionados co fondo branco.

Moi ben executado, todo funciona á perfección. Noraboa!!

Like
bottom of page