top of page

Práctica 3: as bibliotecas en España

Para esta práctica, decidín coller diferentes datos sobre as bibliotecas no noso país. As dúas primeiras infografías son cos datos de 2018 e a última unha evolución. Pareceume interesante tanto a diferencia entre territorios como ao longo do tempo no número de bibliotecas no noso país. Os datos foron sacados do INE, Instituto Nacional de Estatística.

Respecto ás dificultades que atopei, o primeiro foi limpiar todas as tablas. Algunhas tiña problemas ao subilas, con filas vacías, e datos que se mesturaban con outros. Levoume un tempo conseguir pasalas ben. Despois tamén tentei seguir unha liña de cores (non facelos muy diferentes nin no mesmo gráfico nin entre gráficos), pero esto último non tiña gran dificultade.


OS MEUS DATOS




As bibliotecas en 2018 nas comunidades españolas segundo a súa categoría




Número de bibliotecas en España por territorio




Evolución do número de bibliotecas españolas dende o 2000





O mapa tamén me fixo pensar nunha representación en círculo (porque catro comunidades teñen case a metade de todas as bibliotecas) máis probeino e eran demasiados datos, non era fácilmente visible sen deixar metade das comunidades de lado.

1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 29, 2021

O tratamento dos datos é correcto e a nivel de presentación os tres materiais funcionan correctamente, de xeito que poderían ser presentados en conxunto ou por separado nunha información sobre esta temática.


Así pois, só sinalaría dous aspectos nos qu habería que fixarse. En primeiro lugar estaría o idioma do espazo de traballo nas visualizacións. Ti traballas en español e o idioma do gráfico quedouche en inglés. Isto altera o nome dos meses dos popups e tamén o pé do gráfico.


No relativo ao mapa, sería convinte remodelar un chisco os rangos elixidos para facelos o máis equilibrados posible. Isto é, estaría ben facer rangos equivalentes e que se o primeiro vai de 0 a 200 que o seguinte teña…


Like
bottom of page