top of page

Práctica 3: a violencia de xénero en cifras

Para este terceira entrega decidín traballar sobre a cifra de denuncias por violencia de xénero. Despois de observar os datos que proporcionaba o INE, tomei a decisión de facer unha comparativa entre o número de denuncias feitas en cada unha das comunidades autónomas nos anos 2010 e 2020 para observar se dita cifra aumentou ou diminuíu na última década.


Na folla de cálculo que se atopa a continuación están dispoñibles os datos en bruto e limpos cos que traballei para facer o exercicio:




En canto aos problemas atopados, quizáis, a fase máis complicada foi a de limpeza dos datos. Optei por descartar todos os anos entre 2010 e 2020, dese xeito xa reducín moito os datos cos que traballar. Deste mesmo xeito, prescidín doutras variables como a procedencia da denuncia.


En canto ao mapa, como só podía utilizar os datos dun dos anos, escollín utilizar as cifras de 2020. Isto xustificóo porque son os últimos datos que existen completos, posto que, como é obvio, aínda non coñecemos as cifras totais de 2021. Así mesmo, dadas as limitaciones da propia plataforma, non me foi posible incluír os datos das cidades autónomas de Ceuta e Melilla no mapa.


Por último, atendendo ás cuestións máis estéticas do traballo, optei por utilizar cores violetas, posto que é a cor coa que se acostuma a identificar a violencia de xénero. Con todo, tratei de que non existise unha saturación e fose todo demasiado violeta, por iso na táboa decidín utilizala só na parte superior.









1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 26, 2021

O traballo cos datos está ben resolto e a presentación vista en conxunto tería pleno sentido nunha información sobre esta temática. Iso si, hai que puntualizar un par de aspectos que non poden quedar sen atención antes de pechar este tipo de proxectos.


En primeiro lugar estaría o idioma do espazo de presentación da visualización. Se te fixas, o pé de cada un dos elementos está en inglés. Esta ferramenta permite mudar a múltiples idiomas entre os que está o castelán, que é o que empregas como idioma de traballo, polo que non facelo non é cuestión de que non se poida, senón que queda no noso "debe".


Por outra banda, hai outro aspecto no que incido moito na clase…


Like
bottom of page