top of page

Práctica 3: A produción editorial en España

Para esta terceira práctica traballei cos últimos datos do INE sobre a produción editorial en España. Na táboa recapitulei os datos totais divididos nas dúas tipoloxías rexistradas, a edición de libros e a de folletos. No caso do mapa, sustituín as cifras das comunidades autónomas polas das provincias. O motivo é amosar a clara desigualdade no volume de títulos editados que, mais que depender dos totais das comunidades, é notablemente maior dependendo da provincia. No caso da gráfica, quixen comparar a edición de libros coa de folletos, tamén por comunidade.


Para a elaboración dos materiais empreguei a mesma táboa de datos, adaptándoa en función das variables que quería expoñer.








1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Jan 12, 2022

Ben traballado no plano dos datos, por aí semella que non hai problemas.


A táboa é clara e está ben resolta. Hai, ademais, unha boa conexión cromática co resto de elementos propostos, polo que poderían ser tomados tanto de xeito individual como dentro dun conxunto.


No mapa habería que tentar afinar un chisco máis o rango de cor elixido. Esta proposta lévanos por tres cores (amarelos-verdes-azuis) e seguramente sería máis efectivo levar ese degradado a unha desas tres cores, facendo que a súa parte máis suave fixera referencia aos datos máis baixos, e a máis intensa aos máis altos.


Finalmente, o gráfico está ben resolto. É claro e novamente conecta coa liña cromática proposta para o conxunto.


Ben traballado con…

Like
bottom of page