top of page

Práctica 3: A inmigración latinoamericana, en datos

Para esta terceira práctica elexín a inmigración latinoamericana a España, centrándome para a gráfica e para o mapa na inmigración de persoas de entre 20 e 24 anos, sen distincións de sexo nin de procedencia máis alá do continente. Para a táboa, collín unha mostra máis ampla en canto a idades, pero máis pequena en canto a alcance, facendo unha táboa das persoas latinoamericanas que viñeron para as seis provincias con máis poboación, dividíndoos á súa vez entre homes e mulleres para poder ver así que tendencia é maior en canto ás chegadas a estes grandes núcleos de poboación.








1 comentario


angelvizoso
angelvizoso
02 feb 2022

No mapa os datos están ben traballados, mais habería que tentar facer a escala de cor un chisco máis clara. Neste tipo de mapas o ideal é partir dunha tonalidade clara e ir viaxando cara a unha máis escura de forma progresiva. Así trasladamos a presenza dos datos sobre cada un dos territorios.


O gráfico está ben solucionado no relativo á súa presentación visual. Onde habería marxe para a adaptación é no feito de que nalgúns entornos pode resultar demasiado longo. Se no futuro precisas facer uso dun gráfico destas dimensións terás que xogar co espazo que ocupa na páxina. Unha opción sería presentalo aliñado a unha das marxes co texto ao seu carón.


A táboa está ben resolta e…


Me gusta
bottom of page