top of page

Práctica 2: Viveiro, un recuncho do norte galego

Actualizado: 20 dic 2021

Para esta segunda práctica decidín elaborar un mapa infográfico sobre a vila de Viveiro cos lugares máis senlleiros (na miña opinión) da capital da Mariña Occidental lucense.


En primeiro lugar seleccionei os lugares do casco vello para elaborar unha ruta turística. Engadín información histórica xa que a vila está chea de edificios do Medievo. Para a ruta decidín empregar a cor azul, xa que é unha vila mariñeira e pareceume representativo.


Tamén escollín a vila de Celeiro, xa que presenta un dos portos máis importantes do norte galego e é onde se celebra o mítico Resurrection Fest. Non podían faltar a praia de Covas, un dos lugares máis importantes de Viveiro, e os Castelos.


Para rematar, os lugares que non encaixaban nos anteriores grupos pero seguen a ser de interese turística engadinos en "Outros lugares de interese" e "Lugares da contorna".


As fontes que empreguei para a información e as imaxes son as seguintes: Turismo de Galicia, Concello de Viveiro, A Mariña Lucense e Wikipedia.





1 commentaire


angelvizoso
angelvizoso
17 nov. 2021

Está ben esa tentativa de comprarme sabendo que son tremendamente sensible aos temas sobre a miña zona, pero realmente non facía falta. O mapa está ben resolto no plano do contido, pois todas as tarxetas de todos os puntos contan con información relevante e na cantidade xusta. Ademais, esta está complementada con ligazóns e imaxes que seguen esa liña de sumar e non confundir.


Moi ben resolta tamén a agrupación en categorías e, en consecuencia, a elaboración dun menú que fai posible centrarse ou ocultar unhas zonas ou outras. Por afinar un chisco máis a proposta habería que afinar as liñas presentadas para o casco vello. Xa que é unha zona moi concreta, sobre a que podemos facer zoom e…

J'aime
bottom of page