top of page

Práctica 2: Unha liga de veciños

Decidín facer un mapa cos distintos equipos da segunda rexional da Terra Cha, que estrea un formato de cercanía con grupos máis pequenos por mor do COVID. Para a súa realización, decidín poñer as iconas segundo a cor da camiseta local de cada equipo (por mor de non poder todos os escudos ao non ter premium), e indicar cun recadro onde está situado cada campo e o nome polo que se coñece. Tamén indiquei a ruta máis longa, que é a de Guitiriz ata A Fonsagrada, sendo algo máis dunha hora de camiño e case cen kilómetros de percorrido. Tamén engadin fotos dos equipos (nalgúns casos foron moi difíciles de conseguir xa que moitos non teñen redes sociais).





1件のコメント


angelvizoso
angelvizoso
2022年2月02日

Ben en canto ao uso da cor e ben organizados os elementos no menú da dereita. Como punto para a mellora sinalaría fundamentalmente o contido en forma de texto. Aquí quedaría terreo para ampliar as tarxetas de cada un dos equipos con algún dato a maiores ou algunha aportación sobre o equipo en forma de texto.

いいね!
bottom of page