top of page

Práctica 2: Redondela, unha parada no Camiño

Nesta segunda práctica o tema central foi o concello dun servidor: Redondela. Partindo de que é un municipio cunha forte presenza de peregrinos por supoñer o fin dunha das etapas do Camiño Portugués, parecíame interesante mostrar sobre un mapa os principais lugares que poden ser de interese para este público.


Esta infografía baséase en cinco puntos: principais lugares de hospedaxe, espazos naturais, puntos concretos a visitar, a propia ruta do camiño e algúns desvíos que poderían resultar de interese para os peregrinos.


Respecto ós problemas cos que me atopei durante a execución do traballo, o máis complicado foi elixir que puntos podía resaltar sen centrarme no núcleo urbano, xa que a nivel de deseño o mapa quedaría moi descompensando, sobrecargado nuns puntos e extremadamente baleiro noutros. Por iso tiven que tentar exprimir ó máximo outras zonas máis afastadas e prescindir dalgún punto no centro da vila.


Por outra parte, outra das dificultades é que para poder trazar a ruta do camiño tiven que subdividilo en varios tramos (agrupados en Ruta do Camiño) xa que con moito zoom a plataforma non me permitía (ou polo menos non o conseguín) trazalo en continuidade.


Por último destacar tamén que tiña pensado usar o mapa cunha base de Satellite pero, como xa comprobamos en clase, non podía escollerse esta opción na versión gratuita. Por tanto, optei pola opción Outdoors, xa que era a que máis me encaixaba esteticamente.





1 comentário


angelvizoso
angelvizoso
09 de nov. de 2021

En xeral está moi ben resolto. Consegues unha mestura de información de servizo (fichas das hospedaxes, por exemplo) con outra tamén de servizo pero centrada noutros ámbitos e funciona moi ben. É sen dúbida un material útil que podería ser publicado neste formato interactivo ou mesmo tamén de xeito estático.

O menú de navegación está tamén moi ben construído, aínda que habería oco para unha certa revisión nos tramos das rutas, fundamentalmente en dous aspectos. O primeiro deles sería a secuencia, xa que se se vai dividir o ideal é presentar os diferentes tramos pola orde na que serían camiñados. No seu estado actual imos cara adiante e cara atrás. Ademais diso, non adoita ser moi boa opción poñerlles a…

Curtir
bottom of page