top of page

Práctica 2: O mundo creado por George R. R. Martin cobra vida en España

A miña segunda práctica consiste nun mapa coas distintas localizacións nas que se rodou a serie 'Juego de Tronos' en España. O modus operandi seguido para tratar cada emprazamento é unha pequena descrición indicando o lugar da ficción co que se corresponde o sitio na realidade, con algún dato curioso pero sempre información en pequenas píldoras para que o usuario non teña a sensación de que hai "moito texto" e abandone a visualización. Así, para mellorar a experiencia, ofrécese ou ben enlaces a vídeos das escenas alí gravadas, ou ben o 'realidade vs ficción' en imaxes. Esta concepción de organización da información non foi a que primeiro se me viu á cabeza xa que, de inicio, pensei en inserir imaxes en tódalas iconas. Mais isto tería sido aburrido e monótono. Tamén hai que aclarar que, a pesares de que a visualización en xeral é comprensible para todo o mundo -seguidor ou non da serie-, hai detalles que non se captan igual se non se viu a serie ou non se está realmente inmerso no mundo dos Sete Reinos da ficción. Non ten sentido, para alguén que non coñece a serie, a aclaración de que Meereen é unha das 'Cidades libres'. Mais foi enfocado desta maneira para non estender en exceso o relato.


O principal problema co que me atopei á hora de facer este traballo foi a recompilación da información. Aínda que existen moitas páxinas na web que ofrecen todas as referencias necesarias non todas son válidas, polo que se contrastou con tres páxinas distintas. Os vídeos e as imaxes inseridas foron facilmente recuperables e as áreas e liñas trazadas, conforme avanzaba na realización do mapa, cobraban sentido por sí soas. Outra das grandes trabas do traballo para min foron as iconas. Nun primeiro momento quixen adaptalas todas para que representasen exactamente do que se falaba, isto é, se se estaba citando unha ponte, que aparecese o símbolo da ponte. Mais esta idea desboteina por cuestións estéticas. Ao final, todas estaban lucindo moi diferentes entre si e non había unha unidade visual nin harmonía do conxunto. A decisión final foi intentar plasmar parte do que se atopa na información de maneira moi xeral. Por exemplo, poñer unha árbore cando se fala dun parque natural.


A estética elixida para o mapa ten a intención de conectar coa estética da serie, a nivel persoal evócame ao mundo de Juego de Tronos. Tamén se escolleu este plano porque non había elementos de distracción, como pode ser o marcar de maneira predefinida outras provincias nas que se non se gravou nada relacionado coa ficción. Para rematar, cabe dicir que é un mapa funcional en canto se mira con zoom, xa que algunhas iconas, por proximidade, solápanse.







1 commentaire


angelvizoso
angelvizoso
09 nov. 2021

Moi moi ben no plano do contido. O certo é que un sae sabendo moito máis das localizacións da serie logo de consultar este proxecto. Había certo risco de pasarse de texto porque a ferramenta así o permitía, mais consegues dar coa medida xusta en cada punto. Porén, faltaron 3 minutos de traballo na parte do menú da dereita, xa que no seu estado actual achega unha certa sensación de desorde. Aquí agrupar os elementos creando diferentes categorías (as que ti quixeras, pois nesta temática había diversas posibilidades) axudaría a poder crear unha experiencia personalizada visualizando unhas e ocultando outras.

Ademais, temos que ter coidado con eses elementos predefinidos aos que non lles cambiamos o nome. Fíxate en que nese…

J'aime
bottom of page