top of page

Práctica 2: localizacións de 'El desorden que dejas' (Netflix, 2020)


Escollín ubicar os puntos máis relevantes da trama de 'El desorden que dejas' polo valor engadido que ten ser a primeira serie dunha plataforma de streaming gravada integramente en Galicia. As iconas van acompañadas de texto, que explica o argumento da historia; de imaxes, nas que se amosa o lugar real nalgunha secuencia da serie; e de hipervínculos, nos que enlazo dende unha vista aérea até unha canción.


Na maioría dos casos, o mapa relaciona cada lugar ou grupo de lugares cunha icona (premeditada) e cunha cor (máis arbitraria) que denotan o que aconteceu dentro dese espazo. A continuación, algúns exemplos:


- Coche: viaxe

- Libro: escola

- Árbore: bosque

- Casa: lugares que ambientaron a vila na que se rodou a serie

- Punto negro: A Coruña e Celanova, viaxe da costa cara ao interior

- Copa de viño: bar

- Museo: lugar histórico

- Ancla: para vencellar a Torre de Hércules co mar

- Gota de auga: importancia da auga no thriller porque as sospeitas "salpican"

- X: cruz do mapa, porque é na Coruña onde empeza a historia


Por unha banda, decidín poñer as iconas en pequeno para que o mapa non sature visualmente o lector cando entre. Ademais, cando o amplíe tres veces, será un factor sorpresa que aparezan as iconas.


Por outra banda, as principais dificultades foron: atopar as escenas na serie, non ter a capacidade para poñer cantas fotos quixera, o que supuxo priorizar os elementos que si que a levan; e decidir onde poñer liñas e polígonos. Xustifiqueino ao conectar as escenas de monte e un rueiro habitual e, tamén, ao facer un polígono na zona escolar.









1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 14, 2021

En xeral moi ben resolta. Optas por unha certa sinxeleza que adoita funcionar moi ben neste tipo de traballos. Ben no plano do contido, pois todas as tarxetas ou puntos aportan información relevante e nunha medida xusta (non excesiva). Ben aproveitado tamén o hipertexto, pois serve para afondar máis nalgúns dos puntos. Quedaría por explorar como nos podería ter axudado a creación de categorías/grupos e, por tanto, dun menú na parte dereita. No estado actual a viaxe polo mapa da moitos saltos, xa que na orde na que se presentan os elementos temos moitos saltos de norte a sur. Estaría ben tomar algunha medida para evitar iso e aportar unha secuencia máis lóxica para a visualización.

Like
bottom of page