top of page

Práctica 2: Albergues no Camiño Inglés



Para esta segunda práctica decidín traballar sobre os albergues no Camiño Inglés. Para abordar o tema, o primeiro que fixen foi colocar os puntos dos albergues, separados entre públicos -en vermello- e privados -en azul- por dúas razóns. A primeira e mais obvia é para clasificar o contido e que fora mais sinxelo atopar a opción desexada. A segunda, foi por unha cuestión visual, xa que ao ter os puntos tan cerca uns de outros, abordalos dende dúas gamas cromáticas tan diferenciadas pareceume que despexaba visualmente o espazo e que podería resultar mais sinxelo e eficaz na lectura. Tamén diferenciei coas cores os diferentes tramos, para que fora mais doado saber onde acaba e comeza cada un.

En canto ao contido, recopilei a información esencial de cada albergue e, a maiores, ampliei co hipertexto. Para a información das rutas, pensei que o mais interesante era informar sobre a complexidade e duración. Ao ter mais dos elementos que a aplicación permite con foto, tiven que seleccionar cales ían tela e cales non. Por iso, prioricei poñelas nos albergues e non nas rutas.







1 comentario


angelvizoso
angelvizoso
17 nov 2021

En liñas xerais está moi ben resolto. No terreo do contido está perfecto, xa que todas as tarxetas ofrecen información relevante que ademais está moi ben completada coa imaxe e algún enlace. Moi ben organizado tamén o traballo no relativo á agrupación ou creación de categorías e, en consecuencia, un menú que nos permite ocultar ou visualizar unhas partes ou outras.


Como espazo para a mellora podería sinalarse o emprego da cor á hora de definir os diferentes puntos da ruta. Igual en lugar de optar por sete cores diferentes poderías ter empregado un degradado dentro dunha mesma cor que fose levándonos cara Santiago. No relativo ás cores para determinar os diferentes tipos de albergues, nada que dicir, pois esa…

Me gusta
bottom of page