top of page

Práctica 1: Nuclear si, por suposto

Actualizado: 20 dic 2021

O tema da miña primeira infografía é a enerxía nuclear, máis concretamente a fisión de combustible nuclear, un tema que enfronta opinións dende hai décadas. O problema do cambio climático, así como a subida do prezo do petróleo e a elevada demanda fixeron rexurdir o debate nuclear.


A enerxía nuclear é aquela que obtemos a partir da división ou unión dos átomos que compoñen un material, o que se coñece como fisión e fusión. A pesar de ter connotacións negativas por accidentes nucleares do pasado (como Chernóbil), o certo é que esta enerxía ten varias vantaxes. A súa xeración é completamente limpa, de feito, a maioría dos reactores nucleares emiten só vapor de auga á atmosfera. Non emite nin CO2, nin metano, nin ningún outro gas que poida contribuír ao cambio climático e ao desgaste do planeta.


Outra das vantaxes que presenta é que é unha enerxía barata e case inesgotable. De feito, algúns expertos afirman que podería considerarse como renovable dado que as reservas de uranio actuais permitirían seguir xerando enerxía durante miles de anos. Ademais, con tan só unha central nuclear pode xerarse unha enorme cantidade de enerxía debido ao seu enorme poder. Ao contrario doutras enerxías renovables como a solar ou a eólica, a produción da nuclear é constante.


Para a elaboración da infografía empreguei datos extraídos do Divulgador Científico, Operador de Reactor, Supervisor e Enxeñeiro en Telecomunicacións, Alfredo García, máis coñecido como Operador Nuclear. Nela quixen amosar o proceso de fisión nuclear, así como algúns datos deste tipo de enerxía. Ademais, incluín un dos temas de Aviador Dro, o grupo de electrónica dos oitenta que se ammosou a favor da nuclear.




1 commento


angelvizoso
angelvizoso
24 ott 2021

A idea da división por bloques é moi acertada, porque nos permite centrarnos en diferentes aspectos deste tema. No plano do marco de deseño elixido, as cores e os elementos gráficos non hai moito que dicir, xa que resultan adecuados para o tema e son facilmente asociables ao mesmo.


Con todo, nesta infografía hai demasiado texto. Se nos imos a porcentaxes, arredor dun 75% do espazo que empregas para comunicar información é mediante texto, o que resulta excesivo para este tipo de traballos. De cara a vindeiros proxectos, hai que buscar alternativas visuais a esa narración en parágrafos. De feito, se chegamos á conclusión de que esa información debe ir si ou si comunicada mediante frases estariamos atopand…


Mi piace
bottom of page