top of page

Práctica 1: como evitar casos de asfixia en meniños/as


Boas!


Escollín o tema dos primeiros auxilios tras ver unha publicación en Instagram que explicaba a manobra de Heimlich con ilustracións. Non pensei noutros asuntos porque considerei que este ofrecía posibilidades abondo. Porén, plantexeime abandoalo en varias ocasións. Tiven dificultades para atopar estatísticas deste tipo de incidentes: por países, por idades, por número de hospitalizacións, por causas específicas que provocan a asfixia... ademais, os datos máis recentes cos que conto son de 2019, que facilita o INE. Polo tanto, dinme de conta de que este tema presenta baleiros.


Por outra banda, como organización son unha escola infantil; isto é, comunico a pais e nais. Nesta liña, asumín que non eran tan necesarias as gráficas e as estatísticas que procuraba introducir nun primeiro momento. Como solución, no terceiro scroll puxen datos que me parecían significativos. Ademais, como o público ao que me dirixo non é especializado, non emprego tecnicismos. Optei por unha visualización moi gráfica e práctica, co ánimo de que sexa lixeira e de que xere recordo, que é o importante!


En canto ós problemas de estilo, dubidei no seguinte: tamaño da letra, integración dos elementos (que fixen co emprego de titulares) e combinación de cores. Polo demais, Infogram foi unha plataforma sinxela e intuitiva.


Un saúdo!



1 comentario


angelvizoso
angelvizoso
23 oct 2021

A infografía está ben estruturada pero sería preciso facer algúns axustes en varias frontes. Explicar este tema é certamente complexo e aí logras o obxectivo ao 100%, xa que presentas información de utilidade en bloques bastante claros.


No plano das cousas que precisarían un axuste temos, en primeiro lugar, a cabeceira do traballo, co título e a imaxe. A imaxe podemos chegar a concluír que nos está a consumir demasiado espazo e que, neste caso, non nos está a ampliar a información, polo que podería ser prescindible. No relativo ao título, se te fixas ten un tamaño de letra menor que algúns dos elementos posteriores (como o "4 a 6 min"). Neste tipo de proxectos debemos desenvolver unhas estruturas de…


Me gusta
bottom of page