top of page

Práctica 1: Carta de restaurante

Para esta práctica que non debía estar relacionada coa actualidade xornalística decidín realizar a miña infografía do menú dun restaurante. Neste caso trátase dun establecemento ficticio, Maui, especializado en pokes para levar. Deseñei a carta en base aos meus coñecementos neste eido como consumidora. Este menú está pensado tanto para o propio establecemento como para a web, de aí que dispoña tamén dun mapa coa súa localización.

Os principais problemas cos que me atopei foron que Infogram dispón de poucas iconas, polo que tiven que empregar Flaticon para a maioría das iconas de comida. Do mesmo xeito, Infogram tamén limita a 10 o número de imaxes que podes inserir, aínda que isto soluciónase rápido eliminando as anteriores. Tampouco me foi doado atopar unha icona de polo, é por isto que non se corresponde exactamente co que sería o filete á prancha que adoita aparecer nos pokes. Ademais, as fotos dos pokes teñen ingredientes moi semellantes debido a que precisaba fotos sacadas nun plano cenital para que resultasen semellantes entre si.

Para o mapa empreguei Mapbox, elixindo as capas que mellor se adaptaban e facendo captura para inserila logo na infografía. O bowl de poke tiven que debuxalo eu en Adobe Illustrator porque tampouco puiden atopar ningunha icona no que estivera un recipiente de pokes baleiro.















1 comentario


angelvizoso
angelvizoso
26 oct 2021

Pois realmente non hai moito que comentar do teu traballo, porque está perfectamente executado. Optas por un estilo máis minimalista, pero que ten pleno sentido neste caso e especialmente no conxunto da proposta, xa que consegues mantelo durante todo o proxecto. De cores ben, xa que funcionan perfectamente en conxunto e teñen sentido para a temática e a nivel da posición dos elementos (marxes, posición en cada un nos bloques e con respecto ao conxunto, etc.) tampouco nada que dicir.


Só cabe dicir un "noraboa!" ben forte e animarte a seguir por este camiño.

Me gusta
bottom of page