top of page

Práctica 1: Abandono e adopción de animais de compañía

Para esta primeira práctica dedicin traballar sobre o abandono e adopción de animais de compañía, un tema que seguirá vixente por moito tempo que trascorra. Baseime no informe anual feito pola fundación Afinnity, que intenta dar unha visión xeral do problema a base de datos e cifras.


Á hora de organizar a infografía, creo que axudou a selección do tema. Préstase para a súa representación visual. Como case toda a información baséase en cifras, non quixen empregar moito texto. Tampouco quixen organizar todas as cifras en gráficos por medo a quedar demasiado densa. Por iso empreguei ilustracións xunto a estas, para potenciar o elemento visual.


O único problema que tiven estivo relacionado coas prestacións da aplicación. Escollín Piktochart porque, a nivel visual, quería as ilustracións que ofrece. Ademais, é bastante intuitiva e non tiven dificultad algunha no seu manexo. Porén, non dispón dunha opción para crear gráficos. Estes tiven que facelos aparte en Infogram e copialos despois na páxina de Piktochart.




1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Oct 23, 2021

Pouco se pode comentar sobre o traballo, porque realmente está moi ben resolto a nivel visual e, especialmente, no plano das cores, os elementos que empregas e o xeito no que organizas o espazo por bloques.


Como comentario e, en parte derivado da dificultade para facer gráficos á que apuntas no teu comentario, temos uns certos problemas para a lectura dos datos que hai detrás dos gráficos. No gráfico de liñas as etiquetas do eixe vertical están un pouco apiñadas e, ademais, poderiamos ter problemas para coñecer o dato exacto da evolución en cada un dos catro anos que presentas. Isto deriva da perda de interactividade que sufrimos ao pasar os gráficos dunha aplicación á outra, como é de agardar.…


Like
bottom of page