top of page

Proxeccións de poboación en 2035 en España e Europa

Para esta práctica 4 escollin un tema relacionado coa demografía, neste caso coas proxeccións de cal será a poboación en España e Europa en 2035. Escollín este tema xa que me parece interesante coñecer cal será o futuro da poboación europea, ao tratarse dun continente envellecido e cun alto nivel de migracións. Escollín 2035 como data da proxección porque era a data máis lonxana que tiña datos por provincias na base de datos do Instituto Nacional de Estatística, ademáis de que é unha data que non se sitúa nin moi próxima nin nun futuro moi cercano, o que permite que as proxeccións sexan máis axustadas á realidade actual.


Para a elaboración dos gráficos escollín as bases de datos do Instituto Nacional de Estatística e de Eurostat, as cales tiñan dispoñibles unha ampla gama de cifras. No canto á escolla dos gráficos, a parte dos obrigatorios (dispersión e xerarquía), decidín escoller un mapa, que se axusta de forma correcta ao tipo de datos cos que traballei. Os datos extraídos das bases de datos foron os seguintes:


Do INE, para os datos de proxección de poboación por provincias en España e procedencia dos habitantes:


De Eurostat, para os datos de proxección de poboación por países en Europa:


De ambas bases de datos tiven que pulir os datos, xa que algúns non eran necesarios e non se podían excluír directamente na pantalla de selección antes da descarga dos mesmos. Tamén tiven que pasar os datos manualmente a algunhas das visualizacións, xa que non recoñecía o formato de número por máis que tentaba fedellar na pestana de "number styles". Noutro caso pasei eu os datos manualmente a outra táboa para facer os cálculos en Excel correspondentes aos cambios porcentuais da poboación entre 2020-21 e 2035.


Ademáis deses datos, tamén extraín do INE os datos de poboación actuais por provincias (que en Eurostat viñan na mesma táboa) para facer as comparacións, así coma utilicei a páxina Worldometers para obter os datos de poboación dos países europeos dos cales Eurostat non dispoñía de datos.


No apartado estético, decidín optar pola cor verde xa que se trata dunha cor que non é intrusiva nin demasiado forte, e que ten un carácter neutro-positivo, para o mapa e o gráfico de dispersión. Para o gráfico de xerarquía escollín unha das paletas predeterminadas de Flourish que ofrecía cores distintas pero con tonalidades e brillos similares para que non destacase ningunha sobre outra. Por outro lado fixen un uso bastante extensivo dos popups, xa que non quería amontoar demasiada información na primeira visualización, deixando que esta ofreza soamente o básico e que logo os popups engadan a información necesaria se o usuario quere saber máis (coma a poboación actual ou o cambio porcentual entre ambos sets de datos, coma no meu caso).


Como ferramenta, Flourish non me pareceu complicada de usar, xa que é bastante intuitiva e en certos aspectos similar a outras ferramentas previamente utilizadas coma Datawrapper. É especialmente destacable o amplo nivel de opcións de visualizacións e gráficos que ofrece, así coma de formas de editar os datos e posibilidades de personalización. Quizáis hai apartados que son un pouco máis complicados para usuarios primeirizos coma nós, pero que non dubido que se poderían dominar con máis práctica. Sí que tiven problemas en ocasións ao engadir os datos á táboa de Flourish, mais penso que foi un fallo máis persoal/do formato dos números nas bases de datos que da propia aplicación. En xeral penso que non tiven maior problema de usabilidade ou fallos a parte deses detalles xa comentados e que acadei un resultado máis ou menos acorde co que tiña na miña cabeza ao iniciar este proxecto.





1 comentário


angelvizoso
angelvizoso
11 de jan. de 2022

Pois hai moi pouco que dicir excepto un "noraboa!" ben grande polo ben traballado que está todo no terreo dos datos, pero tamén no da programación.


Os tres materiais están perfectamente programados e non trasladan ningunha sensación de perda ou de erro. Tan só te convidaría a revisar un aspecto. Observando os tres en común só quedaría optar por un formato de presentación das cifras, pois nun punto aparecen sen punto para dividir os milleiros, no de xerarquía ese divisor é un espazo e no de dispersión o divisor é un punto. Só faltaría optar polo formato habitual en español e en galego de 1.000.000,00 co punto como separador dos milleiros e a coma como separador dos decimais. Unha vez…


Curtir
bottom of page