top of page

Protocolo para a asistencia aos estadios galegos

Actualizado: 20 oct 2021

Decidín facer esta infografía sobre o protocolo de seguridade que estivo presente nos primeiros partidos de competición e que, afortunadamente, xa non aplica. Utilicei fontes da Real Federación Galega de Fútbol e do Ministerio de Sanidade, así como os logotipos da propia federación e as competicións na que estas restriccións estaban activas. Para o fondo, utilicei unha imaxe do estadio de Riazor cun filtro branco, que non rompe o código de cores entre azul celeste e azul mariño. A tipografía é sans serif, e optouse por unha exposición pictográfica de cara a ser intelixible por calquera receptor.


O principal problema foi poder acadar todas as imaxes para cada unha das restriccións, mais finalmente puiden solventalo en boa medida.



1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Oct 23, 2021

Moi bo traballo, Josema. Optas pola sinxeleza, que é unha baza segura cando facemos traballos deste tipo no que temos que lograr a maior claridade e impacto posibles en pouco tempo (de visualización ou consumo, neste caso). A organización do traballo é moi clara, as cores están ben combinadas, as iconas son útiles e están moi ben integradas e a tipografía empregada funciona moi ben, tanto no relativo ao tamaño como á súa presentación (aliñación, interliñado, etc.).


Está ben tamén que empregues este traballo como porta de entrada ao propio protocolo da Federación a través dunha ligazón á súa páxina web, así consegues tamén atraer público cara a este espazo.


Así pois, en xeral está moi ben resolta, optas por…

Like
bottom of page