top of page

Protocolo AntiCovid da ACB: por un baloncesto seguro para todos

Para realizar esta primeira práctica decidín poñerme na pel da ACB e facer unha infografía sobre o novo protocolo covid que entrou en vixencia nas últimas semanas, e que está a entrada dos pavillóns nun formato moi serio e pouco atractivo, que non sería eficaz con todos os públicos, como si o é unha infografía, sendo este o meu obxectivo, facer que esta normativa sexa explicada dunha maneira atractiva e visual, que atraia tanto aos máis pequenos, como aos aficionados máis veteráns.

Non tiven grandes dificultades á hora de utilizar Infogram, xa que non é a primeira vez que o emprego. Pero si que o recordaba máis funcional, xa que desta vez vinme moi limitado pola web, poñéndome dificultades en moitas das accións que tiña en mente. Tratei de presentar a información de xeito limpo, e á súa vez que fora recoñecible a organización que hai detrás da mesma, coas cores habituais, unha letra moderna e moita claridade, ademáis de certa interactividade (nos escudos dos dezaoito equipos da liga).







1件のコメント


angelvizoso
angelvizoso
2021年10月26日

Está moi ben resolto a nivel das cores e os elementos que empregas (imaxes, iconas), xa que todo ten pleno sentido para a temática que abordas. No plano da cor, máis do mesmo, pois é perfectamente identificable coa temática. Ben tamén a nivel de texto, xa que non te excedes e consegues dar os impactos claros que axudan a explicar o teu tema.


Onde habería oco para a mellora é no emprego dos dous gráficos que presentas, especialmente no primeiro deles (o circular). A información destes gráficos quedaría un chisco máis clara da man de dous destacados nos que se nos explicasen esas dúas realidades en lugar de optar por esta vía (máis complexa e que xera problemas como o…


いいね!
bottom of page