Produción de libros en España
- ÁNGELA BELLÓN REY
- 23 nov 2021
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 24 nov 2021
Para este terceira entrega decidín traballar sobre as publicación editoriais no noso país, desglosadas por Comunidade Autónoma e área de coñecemento. Ó comezo, non sabía moi ben como xestionar estes datos -sen caer en repeticións coa táboa orixinal- e resultando atractivo. Chegados a un punto no que comprobei que os datos eran moi dispares e podían facer dunha visualización un tanto caótica, decidín agrupar as publicacións segundo dúas grandes áreas de coñecemento: Humanidades e Ciencias Sociais.
Aquí deixo a táboa cos datos orixinais e as miñas aportacións.
En canto ao mapa, como só podía utilizar unha única variable, optei por usar a cifra totais de libros publicados no período marcado. A maiores, en ambas representacións decidín suprimir os datos de Ceuta e Melilla posto que ó contar con datos tan pequenos enfarrañaba a visualización final.
En todos os casos escollín a mesma paleta de cores para darlle certa continuidade á publicación.
ACTUALIZACIÓN: para a táboa tan só comentar que semella que Andalucía está identificada como fila das etiquetas e por iso aparece de xeito diferente ao resto de Comunidades. É importante fixarse niso á hora de definir se hai algunha fila da que a aplicación debe tomar as etiquetas ou se somos nós os encargados de facer esa puntualización.
Antes de nada, comentarche que nesta subida dos materiais faltaría un deles, pois tiñamos que facer un gráfico, un mapa e unha táboa. Imaxino que se che pasou subila, así que podes facelo cando teñas un oco para poder sumala á valoración do xa presentado.
Gráfico: funcionamento correcto e boa disposición dos elementos en termos visuais cun bo contraste de cor que nos permite entender que é cada unha das variables. Porén, fíxate que no título do gráfico conserva a palabra "(Copy)". Imaxino que farías unha copia dunha que xa tiñas feita para facer cambios e que se che esqueceu eliminar esa precisión. Ademais, tanto no gráfico como no mapa o seu pé está en inglés. Acórdate que podemos cambiar…