top of page

Percorrido polo automobilismo galego

Para esta segunda práctica decidín facer un percorrido por algunhas das probas automobilísticas máis famosas de Galicia. Entre as diferentes competicións que hai na comunidade, engadín probas de rally, montaña e slalom (así como tamén algúns dos treitos con máis historia e que soen estar presentes na gran maioría das edicións).

En xeral, os problemas presentáronse á hora de seguir, coa maior precisión posible, o percorrido exacto dos treitos, xa que é imposible atopar de forma exacta todas as localizacións polas que pasan os competidores para, posteriormente, trasladar isto a Maphub. A maiores, a limitación de iconas que ten a ferramenta tamén me lastrou un pouco á hora de personalizar as diferentes ideas que tiña en mente, xa que a miña idea inicial era usar a icona de polígono para representar as zonas de traballo nas que os equipos reparan os coches (algo que se presta mellor ao tema). Finalmente, decidín arranxar isto como puiden, usando algúns dos predeterminados, e reservei a opción de engadir eu as miñas imaxes para representar a saída e a meta de cada treito, pois penso queda mellor dende o punto de vista visual. Finalmente, aínda que a maioría de escuderías que organizan as probas si que teñen páxina web oficial, hai algunhas que non e isto obrigoume (neste último caso) a ter que enlazar os carteis dalgúns dos rallyes coa páxina de Facebook dos seus organizadores.

Fontes:




1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 09, 2021

Ben a nivel de contido, aínda que si que é certo que algunha das tarxetas podería darnos a primeira pincelada sobre algunha das probas (a modo de aperitivo, algo moi breve). Onde habería que facer un chisco máis de traballo é no terreo da organización dos elementos. Comezas a facelo da man das cores coas que diferencias os elementos, pero habería oco para organizar un menú na parte dereita mediante a creación de grupos. Isto facilitaría moito a navegación polo material.


Polo demais, está certamente ben resolto. Por "rizar o rizo" diríache de pasar por unha ferramenta como ese remove.bg a icona do cronómetro para que non desentone coa da bandeira a cadros da meta. Simplemente como aspecto a ter…

Like
bottom of page