top of page

Percorrendo a filmografía de Denis Villeneuve

Para esta segunda actividade decidín situar nun mapa mundial as localizacións nas que Denis Villeneuve grabou ás súas películas. Desta forma, este mapa segue de forma cronolóxica a filmografía do director quebequense facendo fincapé na evolución mediática que tivo nestes anos, pasando de lugares próximos nos seus primeiros filmes a localizacións no outro lado do charco conforme a escala das cintas aumenta.


A maior dificultade da actividade é a limitación de imaxes que ten a páxina en cuestión. O percorrido que eu tiña en mente baseábase nunha viaxe xeográfica e visual polos puntos de rodaxe, pero coma non se poden incluír tantas fotografías optei por reducilas a unha por filme, para que non quedara descompensado. De todas formas, a intención era que cada punto tivera unha. A dificultade de engadir inconas propias tamén limitou a orixinalidade, porque ós tres elementos xa non deixa gardar. Aínda así, dentro dos que xa había busquei os que máis se adaptaban á imaxinería dos filmes, cousa que ó final quedou bastante lograda. As cores corresponden ás paletas coas que se asocian as cintas.


Xa para rematar, aclarar o tipo de mapa escollido. A elección do que marca as rúas é polo simple feito de que moitos dos puntos son tan concretos que inclúen o nome das propias rúas. E que mellor forma de plasmalo que con este estilo de mapa.




1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 09, 2021

Pois para o que nos ofrece a ferramenta está moi ben resolto o traballo. Un dos retos que tiñas era a propia organizacion do contido pero esa mestura de cor + iconas + organización do menú funciona perfectamente e permite a distinción por películas.


Onde nos quedaría un chisco de oco para a mellora? Pois especialmente no plano do contido. Aínda que non en todas, podería axudar dar unha descrición un chisco máis amplas nalgunhas das tarxetas. Ademais, quedaría por explorar como podería axudar o hipertexto neste traballo, pois empregalo sería de utilidade á hora de ampliar esta información ou levarnos a outro tipo de recursos fóra do mapa.

Like
bottom of page