top of page

Pequenos grandes heroes

Segundo o Instituto Nacional de Estatística, durante o ano 2020 producíronse máis de 27.000 partos prematuros, o que equivale a un 8% dos nacementos totais a nivel nacional. A pesar de tratarse dun fenómeno relativamente común, cunha incidencia de 8 cada 100 nacementos, as dificultades médicas e individuais polas que pasan os menores prematuros e as súas familias adoitan quedar lonxe do ollo mediático, e polo tanto, dos temas que preocupan ao conxunto da sociedade.


Luciana Rivero, pequena nacida ás 35 semanas de xestación. Foto de Laura Ríos


Para a Asociación Española de Pediatría, son considerados prematuros todos os bebés nados antes de término, é dicir, antes das 37 semanas de embarazo. Pola contra, non todos os recén nacidos nestas condicións teñen a mesma idade xestacional, polo que poden ser clasificados como moi prematuros, cando nacen antes das 32 semanas, ou incluso como prematuros extremos, casos nos que a nai da a luz antes da semana 28 de embarazo.


Ademais do tempo dentro do útero materno, a Asociación Española de Pediatría establece o uso do peso no momento do nacemento como parámetro de referencia á hora de determinar a morbilidade e a mortandade destes pequenos. Neste sentido, apuntan a que un peso por debaixo dos 2.500 gramos é considerado “baixo peso ao nacemento” mentres que os que están por debaixo de 1500 gramos e incluso dos 1000 gramos son denominados como “moi baixo peso” e “extremado baixo peso”. Máis aló das cifras e as noticias sensacionalistas, a prematuridade é un factor de risco grave para os recén nacidos no noso país e unha situación considerablemente común na nosa sociedade segundo desvelan os datos do IGE


Un problema de raíz social


Os estrés do traballo, o ritmo frenético da vida urbana e as preocupacións son factores que repercuten na saúde da poboación xeral, máis cando se trata dunha muller encinta, esta clase de inconvintes poden converterse nunha peza fundamental á hora de complicar un embarazo. Dende o punto de vista do doutor Alejandro Pérez Muñuzuri, neonatólogo do hospital de Santiago de Compostela, “lo ideal para la gestación sería que te obligase a tomarte un tiempo de reposo, de descanso, pero tu vida no te permite ese tiempo y tienes que estar al 120%”. Do mesmo xeito, o experto reflexiona sobre o estilo de vida e a realidade laboral das mulleres na actualidade e resalta que “un factor importante para la prematuridad es el acceso a la maternidad, antes la mujer se quedaba embarazada por primera vez a los 24, 25 años, ahora la media está en los 32, 33 años más o menos”. Os datos do INE corroboran as declaracións de Muñuzuri e amosan que os 30 son a idade preferida das españolas para ser nais.



Sofía Pego, unha nai coraxe


Pasar polo parto prematuro dun fillo pode converterse nun escenario tormentoso para uns pais que esperaban un parto a término tradicional, sen cesárea, sen urxencias e sobre todo, podendo levarse ao seu pequeniño á casa só un par de días despois de nacer. Pero non todo sae ben ás veces, e iso é algo que Sofía Pego (Ribeira, 1980) nai de dunha pequena que chegou ao mundo antes de tempo, coñece á perfección. A nena, Julia, veu por primeira vez a luz do sol antes das 34 semanas de embarazo e actualmente ten case 8 anos.


Os problemas de Sofía comezaron antes, incluso, do parto da súa bebé, cando empeza a experimentar unha serie de cambios físicos e de saúde durante o terceiro trimestre do seu embarazo. A nai da nena conta que todo ía ben na súa xestación e que “estuve hasta los siete meses, unos quince días antes de nacer ella, trabajando, ya que al ser autónoma no me quedaba otra, y la verdad es que lo llevaba bastante bien”. Pola contra, apunta a que as turbulencias comezaron nese séptimo mes. “Cuando me tocó ir a la matrona, veo que había engordado de repente 4 kilos y no me cuadraba” declara. Tras un exame específico e unha revisión coa profesional, Sofía é ingresada no hospital do Barbanza cun diagnóstico de preeclampsia, unha enfermidade que se manifesta a través dunha presión arterial especialmente alta e un repentino aumento de peso na nai e que pon en perigo a vida do feto e a súa proxenitora.


Despois de tan só unhas horas, Pego foi trasladada a Santiago, onde lle fixeron unha cesárea de urxencia na semana 34 de xestación, o día 18 de decembro de 2013. A nena, a pequena Julia, pesou 1.500 gramos e foi internada na UCI. Sofía conta que “lo peor fue no poder ver a la niña las primeras 24h, no la vi ni en el momento de la cesárea”. Engade, ademais, que a bebé, a pesar das dificultades, só pasou unha noite na unidade de coidados intensivos e que o 13 de xaneiro, xa estaban de alta na casa.


A importancia dun trato humano


Recibir unha noticia como a prematuridade dun fillo é un golpe seco para uns pais ilusionados e preocupados polo futuro do seu bebé, nesta liña, encontrarse arroupado polo grupo de médicos, enfermeiras e auxiliares de enfermería do centro convértese nunha peza crucial para levar mellor a situación. Unha enfermeira do hospital de Santiago de Compostela que preferiu non ceder o seu nome para esta reportaxe, asegura que todo o equipo da planta intenta compaxinar as súas tarefas de coidado dos menores coas de atención psicolóxica aos pais. Pensa que un ingrediente fundamental para tranquilizar aos proxenitores é explicarlles que sucede e cal é a realidade do que están vivindo, sempre adaptándose ás súas necesidades e á súa vontade. Igualmente, destaca o papel dos irmáns dos recén nacidos, cuxos debuxos e bos desexos son trasladados á sala de incubadoras da man das enfermeiras. Sofía Pego, nai dunha nena nacida antes de tempo, afirma que os coidados por parte do equipo son cruciais para a tranquilidade dos pais e nais e que sen eles sería imposible sobrelevar a situación.


Ademais da información e as mostras de apoio que poidan recibir do equipo médico, Pego outorga unha gran relevancia a asociacións como AGAPREM, xa que se convirten en refuxios persoais onde os pais e nais poden coñecer a persoas na súa mesma situación e ver os avances doutros nenos que pasaron polo mesmo que os seus. Rocío Búa, secretaria da organización, engade que “es importante que la gente sepa que la prematuridad está ahí, que es una posibilidad” e engade que “no tiene por qué darse, pero debemos estar preparados y conocer de que se trata”. Coincidindo con Sofía Pego, asevera que o nacemento temperán dos fillos é un fenómeno máis común do que a xente pensa e que aínda existe moita desinformación arredor del. Segundo a ribeirense “la gente te dice que no va a pasar nada que ahora con las incubadoras todo es más fácil, pero no se dá cuenta del daño que te hace con esa clase de comentarios” e explica que a preocupación dos proxenitores vai moito máis aló da simple supervivencia do pequeno.


Bases de datos e fontes utilizadas


Fontes persoais: Alejandro Pérez Muñuzuri, Sofía Pego, Rocío Búa e unha enfermeira do hospital de Santiago de Compostela.





1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Jan 31, 2022

A estrutura do artigo é moi boa e todas as partes da proposta serven para crear un bo fluxo da información.


En canto aos materiais de visualización, habería algúns puntos nos que queda terreo para a mellora. O primeiro deles sería, tal e como falamos algunha que outra vez na clase, a creación dun pequeno libro de estilo que guíe a presentación en termos de cor. Contar unha paleta de cores e integrala no relato serve para que os nosos gráficos teñan continuidade, mesmo cando están realizados en aplicacións diferentes.


En canto ao gráfico de donut do comezo, posto que a etiqueta dos anos xa está integrada nos diferentes segmentos que o compoñen, poderíase suprimir a lenda do comezo na…


Like
bottom of page