top of page

Patrimoneamos?

A temática desta primeira infografía é unha ruta de sendeirismo combinada coa visita ao patrimonio da zona. Trátase, polo tanto, dun tema con máis dunha aresta. Entón, o primeiro problema que se me presentou foi ordenar e xerarquizar a enorme cantidade de información que me proporcionou o xerente de Patrimonea e veciño de Touro, Darío Suárez. De feito, foime imposible plasmar todo o que el me contou porque, en caso contrario, as imaxes resultaban demasiado pequenas. Outro dos atrancos no camiño -nunca mellor dito- foi pensar como organizala de forma visual xa que, neste caso, decidín partir de 0 como reto persoal (todas as anteriores que fixen foron elaboradas a partir dunha plantilla).


Unha vez decidida a estrutura, o seguinte paso que máis me custou foi a elección das cores. Utilicei Adobe Color e traballei con cores complementarias. Porén, si é verdade que o verde da presentación de arriba o clareei lixeiramente para que a lectura fose máis sinxela posto que, da forma orixinal, era demasiado "forte" a combinación. Por último, e quizais un dos conflitos máis notables á hora de realizar a infografía, foi aliñar os textos e imaxes co obxectivo de dar sensación de claridade e limpeza. Tentei solventalo cunha "retícula" medio caseira, mais todo é mellorable.














1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Oct 26, 2021

En xeral está ben resolta a presentación da temática (que tiña a súa complexidade porque podía levarnos a abusar do texto), aínda que nos faltou destinarlle 3 minutiños máis nalgunhas áreas.


En primeiro lugar, habería que revisar a posición ou aliñación dalgúns dos elementos como, por exemplo o texto de "O patrimonio en Patrimonea", que non se presenta centrado. Esas cousiñas son súper importantes nestes proxectos, porque salvo que teñan unha explicación por motivos de deseño, dan unha certa sensación de erro ou de que faltaba algo por rematar no exemplo que temos diante. Despois, hai oco para revisar tamén o tamaño dos bloques de texto que empregas a carón das imaxes, pois son demasiado pequenos e, ademais, a propia…


Like
bottom of page