top of page

Os nacementos no ano da pandemia

Nesta terceira práctica escollín abordar os nacementos que se produxeron en España no ano 2020 nas diferentes provincias españolas. Os datos proveñen da estatística de nacementos do Instituto Nacional de Estadística elixindo a táboa correspondete a "nacementos por provincia de residencia da nai e mes". A táboa de datos foi a seguinte:



Unha vez feita a limpeza a táboa resultante da que saquei os datos para realizar a práctica foi a seguinte:



O principal problema que tiven foi o de encontrar o gráfico indicado para representar os nacementos e sobre todo a gama de cores axeitada para representar as diferenzas entre comunidades no mapa, xa que ao ser moitas quería que houbera unha ampla gama de tonalidades que permitira diferenciar cada territorio. Pola outra banda a limpeza resultoume bastante sinxela xa que os datos estaban moi ben estruturados e o único que tiven que facer foi eliminar as columnas relativas ao nacementos por mes e o total de todas as provincias.


Na táboa incluín o total de nacementos en cada provincia e tamén por sexos, xa que pode ser un dato que curioso e que chame a atención da xente (en xeral nacen máis nenos que nenas). Porén, para o gráfico non considerei oportuno incluír os datos referidos aos sexos porque a diferencia entre un e o outro é mínima en moitas provicias quedado as dúas barras do gráfico ao mesmo nivel, polo que non aportaba valor engadido e o único que facía era crear unha representación moi longa e con moitas cifras irrelevantes. Para facer un gráfico que se diferenciara da táboa decidín estruturar os datos da provincia con máis nacementos á provincia con menos. No mapa escollín representar o número total de nacementos intentando que se destacara o máximo posible as diferencias entre territorios.


Nas tres representacións optei por empregar unha tonalidade rosa que lle dera continuidade aos datos, para mostrar así que forman parte do mesmo. Usei a ferramenta Adobe Color para saber cal era a tonalidade exacta que tiña que empregar.






1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 26, 2021

Os tres materiais están excelentes, pero teñen o mesmo fallo á hora de expresar as unidades. Neste caso os teus datos están en persoas, non en milleiros de persoas. E é que se estivesen en milleiros de persoas na Comunidade de Madrid terían nacido 51.887.000 persoas. Neste caso, para que as unidades estivesen en milleiros de persoas terías que poñer datos como 5,18 para a Comunidade de Madrid, por exemplo (5,18 milleiros=51.800 persoas). De feito no INE especifica que as unidades son nacementos.


Este é, sen dúbida, un dos temas máis importantes nos que temos que fixarnos á hora de informar sobre os datos dos que dispoñemos, porque cambia moito de falar de persoas a falar de milleiros de persoas.…

Like
bottom of page