top of page

Os miradoiros da Ribeira Sacra, un tesouro de altura

Para a segunda práctica decidín realizar un mapa que sinalase algúns dos miradoiros máis coñecidos da Ribeira Sacra. Dividino en dúas partes (a Ribeira Sacra lucense e a Ribeira Sacra ourensá) para así facer dous roteiros unidos por liñas para así unir os miradoiros de ambas zonas e que poidan servir de guía para o visitante. En canto aos polígonos, empregueinos para sinalar a área aproximada na que se atopan, tanto a bodega como os cultivos, de tres das adegas máis recoñecidas da zona. Como non quería saturar os recadros de información, decidín poñer ligazóns a diferentes páxinas como Galicia Máxica (para ampliar información sobre os miradoiros e as zonas onde se atopan), as páxinas web das adegas ou para poder acceder aos sitios web de reserva. En canto ás cores, decidín empregar tonalidades marróns, xa que os miradoiros están integrados no entorno natural e moitos deles están elaborados a partir de distintos tipos de madeira e unha cor entre vermella e granate (cores do viño tinto) para representar a zona das adegas.


En canto ás dificultades ás que me tiven que enfrontar, primeiramente sinalaría a elección dos miradoiros, xa que son moitos e tiven que seleccionar aqueles que se axustasen o máximo posible ás rutas que quería representar no mapa. Tamén sinalaría a falta de información sobre moitos dos miradoiros, así como para poder situalos xeograficamente no punto exacto. Por esa razón, o proceso de elaboración da práctica foi moito máis laborioso ca o da primeira e máis complexo. Coas imaxes sucedeume algo similar, xa que ou ben non podía atopar fotografías ou eran de mala calidade. Por outra banda, tamén tiven problemas coas iconas, xa que ningunha das que trae o programa por defecto se axustaban e tiven que coller imaxes da rede que se correspondesen cos miradoiros e cos bambáns.





1 comentario


angelvizoso
angelvizoso
09 nov 2021

Pois non hai moito que dicir porque todos os retos aos que nos enfrontabamos neste proxecto están máis que resoltos. Ben empregada a cor, xa que conecta á perfección coa temática proposta. Moi ben tamén no relativo ás iconas elixidas, xa que novamente conectan co tema.

No relativo ao contido, tampouco hai nada que cuestionar. Todos os puntos teñen información relevante e están, ademais, ampliados a través do hipertexto. As imaxes neste caso son tamén un plus para a proposta, xa que nos permiten anticipar a experiencia de achegarse a estes miradouros. Finalmente, o menú da dereita é claro e ben organizado, xa que nos permite dar con certo grao de personalizacion. Só cabe darche a noraboa porque consegues sacarlle…

Me gusta
bottom of page