top of page

Os cines nacionais no Estado español e a infraestrutura da exhibición no panorama transnacional

Para esta cuarta práctica decidín escoller a industria cinematográfica como narrativa. Por unha banda, extraín do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) os datos sobre o montante de produción en cada unha das CCAA nos últimos dez anos e mais o número de pantallas de cinema por CCAA e por provincia. Por outra, do informe FOCUS 2020 do Observatorio Europeo do Audiovisual, extraín os datos de prezo medio da entrada de cine, entradas per cápita e número de pantallas de 68 países do mundo. Imos por orde.


Na gráfica 1 (número de filmes producidos anualmente por Comunidade) intentei expresar visualmente e coa mellor claridade posible as diferencias na estrutura de produción audiovisual entre as diferentes CCAA. Unha gráfica de pendente, resaltando as nacións sen Estado principais, pareceume unha boa idea.

Na seguinte folla de cálculo atópase a táboa empregada, cos datos extraídos do informe do ano 2020 do ICAA.



Para esta gráfica 2, xerárquica, tiven que comerme ben a cabeza. Ningunha variable me parecía susceptible deste tipo de visualización. Finalmente fíxeno en base ao número de pantallas de cine agrupadas en tres variables sucesivas: 1) Comunidade Autónoma; 2) provincia; 3) número de salas por complexo de exhibición (os multicines de toda a vida, vaia). O tamaño do sector está definido, como xa dixen, polo número de pantallas de cine. Desta gráfica preocúpame que non se entenda ben a última agrupación, da división de cines segundo o número de salas. Intentei aclaralo no subtítulo.

Na seguinte folla de cálculo atópase 1) a táboa empregada cos datos limpos e 2) os datos extraídos do informe do ano 2019 do ICAA e bruto.



Por último, saíndonos un pouco do ámbito xeográfico estatal, decidín facer esta gráfica 3 para colocar as condicións de consumo social de cine en España nun contexto maior, comparándoas coas de outros 66 Estados. Esta é a gráfica que máis me gusta, porque é das que, se me atopase nunha peza por Twitter, estaría inspeccionando durante quince minutos. Decidín que o tamaño dos puntos dependese do número de pantallas de cine, e non ningunha das outras dúas variables, pois así me pareceu que quedaba mellor reflectido o tamaño desa "estrutura" da exhibición de cada país. Porque pouco ten que ver o número de salas de cine co número de habitantes do país.

Na seguinte folla de cálculo atópase a táboa empregada, cos datos extraídos do informe FOCUS 2020 do Observatorio Europeo do Audiovisual.














1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Dec 22, 2021

En canto ao traballo cos datos moi ben e tamén en termos de presentación, pois había por aí algunhas dificultades que foron ben solventadas.


O gráfico de dispersión é claro, e a capacidade de poder seleccionar as zonas que facemos parte da visualización é un plus que nos permite eliminar a superposición dalgúns dos elementos co mesmo rango de datos.


O de xerarquía está ben programado e executado, aínda que como consello pode que fose máis útil aportar unha ficha con máis información no popup do último nivel. Así poderiamos aproveitar ese nivel non só para coñecer o dato exacto de cada un dos anacos, senón para aportar toda a identificación ata ese punto (tras varios niveis de consulta). Creo…


Like
bottom of page