top of page

Onde nacen máis nenos en España?

Actualizado: 22 nov 2021

Esta terceira práctica decidín facela sobre a situación demográfica en España cos últimos datos de nacementos e defuncións recollidos no INE. Os últimos datos de nacementos dispoñibles son de 2019, mais na táboa de fenómenos demográficos non aparecen as defuncións dese ano, polo que usei todos os datos do periodo anterior. Ademais desa usei outra táboa do INE na que se recollen as cifras de poboación por Comunidades Autonómas en 2018.


Eliminei todo o que non me interesaba da primeira táboa (resto de fenómenos demográficos e de anos) e combinei nunha nova os datos de nacementos e falecementos cos da poboación total para calcular a tasa de natalidade e saber cal era a comunidade co maior porcentaxe.

Cos datos xa organizados só tiven que pegar a táboa en Datawrapper para facer as visualizacións, un proceso bastante sinxelo que non me deu ningún problema. Indaguei en todas as opcións que ofrece a plataforma para intentar escoller as que mellor se axustaban en cada caso e as que destacaban en maior medida o que a min me interesaba.






1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 26, 2021

O tratamento dos datos é correcto e o conxunto creado tería pleno sentido nunha información sobre esta temática. Iso si, hai dous problemiñas de fácil solución que nos complican un pouco a vida.


En primeiro lugar estarían as unidades empregadas. Nos tres materiais aclaras que as unidades son "miles de persoas", pero se as unidades fosen miles de persoas en Galicia terían nacido 16.560.000 persoas, resultado de multiplicar os 16560 que figuran nos datos x 1000. Así, no teu caso as unidades son "persoas". Así, a secas. Se, pola contra, quixeses falar de "miles de persoas" terías que poñer fórmulas como un "16,56" para o caso de Galicia. É moi importante sempre que nos fixemos no tema das unidades porque…


Like
bottom of page