top of page

Oahu, a misteriosa illa de Lost

O 22 de setembro de 2004, o Voo 815 de Oceanic saía de Sidney cara Los Ángeles para cambiar a vida dos 48 superviventes que nel viaxaban. Nunha fatídica colisión, o avión nunca chegou ao seu destino, e os protagonistas nunca volveron a ser os mesmos. 17 anos despois da súa estrea, Lost segue sendo a serie que cambiou o rumbo da televisión, recordada como unha das grandes producións da era 2000, marcando un antes e un despois na forma de consumo da audiencia.


A serie comeza coa caída do avión nunha descoñecida illa do Océano Pacífico, aparentemente deshabitada, pero con grandes misterios por descubrir. A filmación de Lost levouse acabo integramente na illa de Oahu, no estado de Hawaii. Neste mapa amósanse as principais localizacións da ficción ao longo das súas 6 tempadas, así como os puntos de acceso ás mesmas, os lugares con maior presencia e importancia, e as curiosidades máis salientables da serie.





Lenda do mapa:

  • Item vermello: Mokule’ia Beach, a ubicación onde todo comeza.

  • Items marróns: lugares fundamentais da rodaxe.

  • Items verdes: principais lugares de filmación.

  • Items azuis: curiosidades sobre a realización da serie.

  • Items amarelos: puntos de acceso.

  • Áreas: as áreas sinalizan as zonas con maior concorrencia de escenarios durante a rodaxe: a zona de Mokule’ia Beach e a costa Barlovento.

  • Liñas: vinculan os lugares presentes na serie coas zonas de acceso para visita.

Para aqueles (rezagados) lectores que aínda non viran Lost, a descrición textual do mapa e a introdución desta mesma publicación pretenden situar ao usuario no escenario contextual da serie. A partir de aquí cada entrada no mapa explica brevemente a escena no lugar onde foi rodada, con referencias ás temporadas as que se corresponden. A miña maior problemática era a dimensión real da illa. Hawaii non é un estado especialmente grande, polo que a colocación e o color dos items era algo importante a ter en conta para non ensuciar o deseño.


Polo xeral, MapHub resulta unha plataforma bastante intuitiva e funcional para realizar mapas explicativos e expositivos. Sen embargo, certas limitacións propias da versión gratuíta, como o límite máximo de 12 fotografías, ou a escolla obrigada de 6 dos 22 modelos dos que dispón, condicionan bastante o deseño. En canto á edición, hai certas funcións (como o tamaño dos títulos) sobre as que o usuario non ten control, e si daría moito xogo poder para cambiar. De todas formas, pódese chegar a un resultado final ben interesante! No meu caso, o produto en cuestión é un conxunto de 36 items diferentes compostos por fotografías, vídeos, textos e enlaces para representar o tour ‘Lost’, unha das rutas de visita máis coñecidas de Hawaii.

1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 09, 2021

No plano do contido o traballo é excelente, igual que no da organización sobre o espazo. Só nos falla unha cousa, e é a organización do menú da parte dereita. Faltounos dedicarlle 3 minutos máis a crear categorías que nos agrupasen os diferentes elementos en función do criterio que quixeras elixir. Isto favorecería moitísimo a navegación polo produto e permitiría organizar os puntos ou a consulta destes tamén conforme á súa proximidade (evitando ter que dar saltos entre uns puntos e outros da illa). O dito, algo que se resolve en 3 minutos e adoptando un criterio para a agrupación dos diferentes elementos. Polo demais toca quedar calado, porque está moi ben resolto. Noraboa!

Like
bottom of page