top of page

O tesouro ribadense


Esta infografía serve para coñecer a historia do Galeón San Giacomo di Galizia, afundido no século XVI na Ría de Ribadeo. Actualmente estanse a realizar grandes esforzos para a súa conservación e, dada que a súa situación non é moi coñecida, paréceme importante a súa difusión.


Dentro da ferramenta non existían moitas opcións para cambiar iconos de cor ou, por exemplo, para elaborar o mapa, polo que tiven que recorrer a Photoshop para que estes elementos quedaran acordes co tema de cores.



1 comentario


angelvizoso
angelvizoso
23 oct 2021

En xeral hai pouco que dicir deste traballo, xa que está moi ben resolto. A través de catro impactos (texto introductorio, datos do barco e a tripulación, ubicación do naufraxio e cronoloxía) consegues proporcionar un perfecto primeiro achegamento a esta historia.


No relativo ás cores, son perfectas para esta temática, o mesmo que os elementos visuais que introduces. Tanto o seu propio uso como a posición que ocupan dentro do proxecto son impecables. Ademais, ben empregado o hipertexto como porta de entrada á web do concello, facendo deste traballo non só un elemento informativo senón de posible atracción do público.


Iso si, revisa ese "cañón" que aparece por aí! ;)


Só cabe dicir un "noraboa" ben forte, xa que este…

Me gusta
bottom of page