top of page

O suicidio en España: unhas cifras alarmantes



Nesta terceira práctica optei pola representación das defuncións por suicidio en España no ano 2019.


A primeira dificultade coa que me atopei foi o manexo da información do INE. Atopar os datos do número de mortes por suicidio non foi intuitivo posto que, esta análise, está localizada na sección de defuncións por causas non naturais e, dentro deste mesmo apartado, hai infinidade de motivos por defuncións catalogados.


O seguinte paso foi limpar a táboa de Excel. Tras seleccionar os datos separados por provincias, decidín prescindir tanto da suma dos datos totais de mortes en España como das defuncións de estranxeiros. A continuación, engadín no excel o número de mortes non naturais por provincias para facer a compartiva na gráfica de barras apiladas. Neste caso, encontrar as cifras de Ceuta e Melilla separadas foi doado.



REPRESENTACIÓN DAS GRÁFICAS

  • Mapa: Nesta representación dos datos, empreguei a ferramenta coolors para buscar as tonalidades que fixesen a visualización das pravincias máis sinxela. As cores seleccionadas tamén se adaptan ben na revisión para daltónicos. Trátase dun mapa dinámico, no cal se poden ver os datos navegando co cursor.



  • Táboa. O problema para resolver, esta ocasión, foi reducir a tamaño da táboa para facer a lectura dos datos máis cómoda. Como unha soa táboa era demasiado grande, obrigaba ao usuario a deslizarse moito pola páxina. Polo tanto, decidín clasificarla en seis táboas diferentes, con dez provincias cada unha, e engadirlle un buscardor para axilizar as consultas concretas. Ademais, grazas á paleta de cores de coolors, resáltase con claridade aquelas provincias onde houbo unha tasa máis elevada.



  • Gráfico de barras apiladas: Os datos ofrecidos tanto no mapa como na táboa ofrecen o número exacto de defuncións por suicidio. Non obstante, ambas precisan dunha gráfica de apoio que amose a tasa porcentual do número de suicidios en función das mortes que houbo en cada provincia. Polo tanto, decidín empregar unha gráfica de barras apiladas para facer esta comparativa. Nesta práctica, o problema máis dificil de resolver presentouseme á hora de representar a diferenza númerica que hai entre ambas variables (exemplo: suicidio en Albacete: 27 Defuncións: 3731). Como se pode observar, a gráfica amosa a porcentaxe de suicidios en barras minúsculas, pero na edición no eixo horizontal non ofrece moitas opcións para cambiar esta presentación. Porén, decidín apostar igualmente por esta gráfica xa que en The Data Visualisation Catalogue recomenda utilizar as barras apiladas para facer este tipo de comparacións.



1 comentario


angelvizoso
angelvizoso
24 nov 2021

En xeral os datos están ben traballados e ben expostos, aínda que nos quedaría por facer algúns matices de cara a afinar todo ao 100%.


No mapa, pouco que dicir. Tan só que ao cambiar daqueles intervalos que tiñas marcados ao rango actual quedou por mudar tamén o nome da lenda dese mapa. A que ten neste momento fala de intervalos e non os hai. Importante sempre que todo o que poñamos faga referencia a aquilo que está presente.


Na táboa, habería que verificar a tipografía para o nome das provincias, porque difire moito da empregada para o encabezamento da táboa e o nome ou titular da mesma. Este igual era un deses casos nos que para alterar a tipografía…


Me gusta
bottom of page