top of page

O mercado musical en cifras

Ata a chegada do streaming, o mercado musical estaba protagonizado polas ventas físicas que viron como os seus números foron diminuíndo a medida que os do streaming ían aumentando. Porén, nos últimos anos estase a observar un aumento das ventas físicos (sobre todo do vinilo) que, aínda que non pode competir coas elevadas cifras, está axudando á recuperación deste sector.


Nestas práctica amósase a evolución destas cifras nos distintos mercados dos últimos dez anos do seguinte xeito:

  • Dispersión: preséntase a evolución do mercado musical español no que se recollen os datos do mercado físico, do streaming e das descargas a través dos informes de Promusicae (Promotores de música de España).

  • Xerarquía: inclúe os datos do mercado físico español que comprenden as ventas dos CDs, vinilos, sencillos e DVDs. Para realizar isto, consultei os anuarios da SGAE (Sociedade Xeral de Autores e Editores)

  • Diagrama de barras: recolle as cifras dos ingresos globais de todo o mundo nos que se diferencia os datos do streamig, do mercado físico e das descargas agrupadas nos informes do IFPI (Federación Internacional da Industria Fonográfica).







Para todas elas tiven que apuntar os datos dos informes anuais das distintas entidades. Así mesmo, decidín filtrar as cifras por ano xa que os número na Dispersión amosábanse moi xuntos, sobre todo nas descargas. Deste xeito tamén se pode observar con maior facilidade as distintas cifras e ver ese aumento ou diminución das ventas que se comentaba ao principio. As cores escollidas son sinxelas e neutras, para que así chamen a atención de igual forma os distintos datos.







1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Jan 07, 2022

Pois hai pouquiño que comentar porque está todo moi ben resolto. A nivel visual é todo claro e o tratamento dos datos é moi bo.


No de dispersión consegues paliar a dificultade que trae a similitude dos datos entre os diferentes anos co emprego dese filtro, o que nos permite comparar as cifras de cada un deses tramos para os tres formatos.


No de xerarquía, máis do mesmo. Ese radial tree funciona só en ocasións (normalmente ligado ao tamaño das etiquetas), pero no teu caso é un deses nos que si que funciona. Iso si, habería que revisar non sei se habería que revisar algúns dos datos, xa que choca moito o cambio que hai nos vinilos entre 2017 (9881)…


Like
bottom of page