O impacto da primeira onda do coronavirus en cifras
- Eladio González Lois

- 22 nov 2021
- 1 Min. de lectura
Para a realización desta terceira actividade elixín o tema que, sen lugar a dúbidas, ocupou a meirande parte do tempo e espazo dos medios de comunicación no último ano e medio: a pandemia.
Concretamente, centreime na primeira onda, o desigual impacto que tivo por Comunidades Autónomas (sendo Madrid e Cataluña as máis afectadas) e a diferenza de mortalidade que esta causou entre homes e mulleres (moito máis alta no sexo masculino). Todo isto, visible nas pezas.
O arquivo orixinal, sen limpar, que empreguei foi o seguinte:
Desta táboa descartei os casos "sospeitosos" para quedar só coas mortes confirmadas por Covid. Mantiven a distinción de sexos e de Comunidades Autónomas pero, para poder tratar os datos con Datawrapper tiven que estruturar a táboa do seguinte xeito:
Así, deste xeito fixen as seguintes tres pezas:
Tomei como cor referencial o verde, xa que creo que é a tonalidade que máis asociamos ao virus. No caso das táboas que separan homes e mulleres, incluí o morado porque contrasta ben e, ademais, é o normalmente empregado nas visualizacións que inclúen o sexo feminino. Polo demais, quitando a incompatibilidade da táboa orixinal (que solucionei creando unha eu mesmo cos datos da do INE), non atopei maiores problemas.
Eladio González Lois
Na táboa e no gráfico non hai moito que comentar, porque están perfectamente resoltos. Si que é certo que na selección do gráfico podería terche axudado un modelo no que se presentasen as etiquetas dos datos. Así poderiamos coñecer a cifra exacta en cada unha das Comunidades Autónomas. Porén, a fórmula seleccionada tamén funciona ben para o que se quere relatar.
Onde temos máis dificultades é na escala de cor do mapa. O punto de partida é unha mestura entre tonalidades máis verdosas e máis violáceas. Aí habería que facer unha pequena revisión e tentar meter un rango máis claro. Ademais diso, fíxate en que o teu rango remata en 10000 e a Comunidade de Madrid ten 10210, polo que…